grazasemptyporemptynosemptyvisitar

22 dic 2009

POSTAIS DE NADAL

REMATA O TRIMESTRE E CHEGA O NADAL


Despois de mover o esqueleto, repoñemos forzas coas cousas ricas que trouxemos da casa.
(FOTO: profe Mª José)


21 dic 2009

ANIVERSARIO DE MATÍAS


Hoxe Matías, do segundo nivel, cumpría 7 anos e convidounos a unha torta riquísima que fixo el máis unha amiga.
Grazas Matías

(FOTO: profe María)

9 dic 2009

CARAS DIVERTIDAS

Chuza na imaxe e crea caras divertidas . ARCIMBOLDO non o faría mellor.

7 dic 2009

FOLLAS DO CALENDARIO

O calendario do 2010 do colexio ten como eixo Os Espazos Protexidos; o primeiro ciclo escolleu o Espazo Intermareal Umia-O Grove pola proximidade e facilidade para o poder visitar; traballámolo como unha unidade didáctica e este foi o resultado plástico que obtivemos.

20 nov 2009

COUSAS IMPORTANTES QUE PASARON HOXE

O padriño de Matías, do segundo nivel, agasallounos hoxe cuns "animaliños moi especiais" que se dan nos lugares polos que andivemos onte: berberechos, ameixas xapónicas, navallas, mexillóns, ourizos, ostras e dúas volandeiras que están agochadiñas.









Iria P., do segundo nivel, estaba hoxe de aniversario e trouxo unha torta boísima para compartir con nos.
Grazas Iria.
(FOTOS: profe María)

19 nov 2009

NO MONTE SIRADELLA ( O GROVE)


No Con da Edra








Esta quincena traballamos o Complexo Intermareal Umia- O Grove;



para elo hoxe fixemos unha saída ao monte Siradella para ollar, dende alá enriba, a praia de A Lanzada, a illa de Ons e Cíes ao fondo e a enseada de O Bao. De volta vimos o río da Chanca, en Dena e a desembocadura do Umia, en Cambados.
(FOTOS: profes María e Anxos)


15 nov 2009

O OUTONO

1 nov 2009

O NOSO SAMAÍN


No primeiro ciclo traballamos os elementos que forman parte do SAMAÍN: bruxas coas súas vasoiras voadoras, gatos negros , cabazas, esqueletos .... Esta mostra do traballo plástico realizado está no corredor do primeiro andar do colexio.

Agradecemos a colaboración da nai de Antía S. e dalgunhas nenas de 5º nivel na decoración das cabazas.

(FOTOS: Profes Fina, María S. e Anxos)

29 oct 2009

CONCERTO EN COMPOSTELA



Alumnado do 2º nivel no Auditorio de Galicia ( Compostela) á saída do concerto O CASTELO DA ROCHA VELLA interpretado pola Real Filharmonía de Galicia e os monicreques do KUKAS.

24 oct 2009

XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN

Un vídeo simpático para gozar coa canción de MAMACABRA agora que se acerca o SAMAÍN.

23 jun 2009

UN BO XEITO DE REMATAR O CURSO


Aqui vos deixamos un agasallo visual das nosas obras de arte culinarias. Participaou todo o alumnado do cole, desde infantil ata sexto nivel.

Foi todo un éxito.

22 jun 2009

EN RIANXO, PASÁNDOO BEN


BO VERÁN !!!!



Verémonos en setembro.

9 jun 2009

O NOSO COCORICO


Personaxes e decorados para o video que fixemos do COCORICO

( Contos e cantos Editorial OQO)

8 jun 2009

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

A canción é o primeiro single do Porto Presente, o novo álbum de Macaco, que formou parte dos eventos que organizou National Geographic para conmemorar o Día da Terra en España.Todos os artistas uníronse desinteresadamente a través da música para apoiar a difusión dunha mensaxe a favor da natureza e da conservación do planeta. .

Cando a última árbore teña morto,
o último río secado,
o último peixe pescado,
TODOS IMOS ENTENDER QUE OS CARTOS NON SE COMEN. (Greenpeace).

1 jun 2009

PÁNICO NA RÚA



Na aldea a rúa está alborotada por culpa dun gamberro que fixo que os animais se puxeran nerviosos ao espantalos.
Alberto e Lidia
Nesta rúa a xente vivía aterrorizada polos animais porque ao sair da súa casa atacábanlle coma tolos.Seguramente esto é debido a que no pasado foron maltratados.
Carlos e Clara
Na rúa había unha festa e, cando os homes ían soltar os animais para a procesión, escapáronselles. Comezaron a romper as carretas, os carros e todo o que atopaban por alí.
Alba e David
Na aldea houbo unha festa e, á mañá seguinte, os animais estaban soltos. Cando os aldeáns saíron á rúa viron os animais e espantáronnos. A estes entroulles pánico.
Álex e Nuria
Nunha vila de México a xente corre cara ás súas casas para se salvar das couces dos cabalos e das mordeduras dos cans, que están enfadados porque o dono non os trata ben.
Iván, Laura N. e Laura P.
Nesta aldea estaba a xente descansando. Oiron un ruído moi forte, eran os animais que estaban descontrolados porque houbera un tornado.
Óscar e Paula



23 may 2009

CREBACABEZAS

Que marabillas se poden facer cun crebacabezas.

17 may 2009

FACENDO XOGUETES


Aínda que con un pouco de retraso aí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos no Instituto Galego de Consumo, facendo xoguetes e aprendendo sobre as etiquetas dos mesmos.

12 may 2009

OUTRAS LETRAS GALEGAS

XOGANDO A SER POETAS

Xogando a ser poetas, tendo
como base un poema de A.García
Teijeiro, un dos nosos favoritos.

As ilustracións están feitas con
plastilina, papel, plásticos, lapis
de cores...

11 may 2009

NA BIBLIOTECA

Preparando traballo para as LETRAS GALEGAS,na biblio.Ilustrando un poema de H.Villar Janeiro

7 may 2009

30 abr 2009

O MAIO


Xa se ven os maios pola carretera adiante....

26 abr 2009

CASCUPÓTAMO

Fixemos este pequeno conto para celebrar o DÍA DO LIBRO 2009. Esperamos que vos guste, nós pasámolo moi ben facéndoo.

24 abr 2009

MAÍS DE LIBROS


Cando escribo esa palabra,
Libro,
Un refacho invisible pasa as follas,
Eu fico pensativo
.
( Ramiro Fonte )

23 abr 2009

UNHA PEQUENA HISTORIA


Este conto foi feito colectivamente polos nenos e nenas do terceiro nivel para conmemorar o DÍA DO LIBRO de 2009. Esperamos que vos guste.

DÍA DO LIBRO

Máis agasallos auditivos e visuais para un día como o de hoxe.

Gozade con el.

21 abr 2009

APRENDEMOS COAS ABELLAS

Visitamos APÍPOLIS (cidade das abellas) para aprendermos sobre a súa vida.

19 abr 2009

ABRIL: MES DO LIBRO

Abril é o mes dos libros: o 2 celebramos o DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL e o 23 será o DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR.
Como agasallo vos deixamos este vídeo.


13 feb 2009

VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO


Este ano tamén estivemos no Salón do Libro de Pontevedra, adicado ao AMOR, e visitamos a biblioteca A. Odriozola para gozar das ilustracións de artistas portugueses, como Joao Caetano, de quen temos algúns libros na nosa biblioteca

2 feb 2009

LIBROS EN PONTEVEDRA



Portugal e o amor, protagonistas do Salón do Libro de Pontevedra

Fina Casalderrey será a autora homenaxeada este ano no encontro de litratura infantil e xuvenil.