grazasemptyporemptynosemptyvisitar

24 feb 2010

AUGA QUE BAILA



Mergullando na rede na procura de recursos sobre a AUGA, dei con este video que, dun xeito moi simpático, explica propiedades e utilidades da mesma.
Gozade con el.

PARABÉNS AO 5º NIVEL

O alumnado do 5º nivel foi premiado cunha viaxe á illa de Cortegada polo seu traballo en BD (hai un post neste blog) sobre a historia da mesma.
Nosos parabéns a todos e todas e, sobre todo, á profe Mari por ter esa brillante idea.

22 feb 2010

ENTROIDO 2010: TALLER DE DISFRACES



"Taller de disfraces" levado a cabo en colaboración coas nais do noso alumnado. Xantamos no cole e continuamos pola tarde elaborando os disfraces. Foi unha experiencia inesquencible.

Grazas mamás!!!!

ANTÍA XA TEN 7 ANOS


....e para celebralo na escola agasallounos coas dúas tortas que aqui vedes. Por certo, estaban boíiiiiiiiiiiiisimas.
Grazas Antía.
(Foto: Profe María)

8 feb 2010

ENTROIDO


Xa que estamos no Entroido, aqui vos deixamos este pequeno agasallo para que gocedes un rato.

2 feb 2010

NA CANDELORIA...... 2 TORTAS


Iria Grande no seu oitavo aniversario agasallounos con dúas tortas saborosísimas.
Moitas grazas Iria.
(FOTO: profe María)