grazasemptyporemptynosemptyvisitar

22 abr 2010

21 abr 2010

TEATRO EN CAMBADOS

Onte á tarde fomos ver en Cambados a peza teatral Dentro do bosque posta en escea pola compañía de teatro Caracol; nela un panadeiro e a súa muller non poden ter fillos xa que foron enfeitizados por unha bruxa, só conseguirán desenfeitizarse se poden reunir unha serie de obxectos. Terán que se introducir no bosque e alí irán coñecendo distintas personaxes dos contos populares.....
(Foto: profe María)

20 abr 2010

BISCOITO PARA PERSOAS CELÍACAS


A mamá de Ivana de 4º nivel fixo este biscoito tan apetitoso.
Leva como ingredientes ovos, iogurte natural, fariña SEN GLUTEN, azúcar , cacao... froitos secos e dátiles .
Poden comelo todas aquelas persoas que teñan intolerancia ao glúten.
Podo asegurar que está boísssssimo.

15 abr 2010

ASÍ NON HAI QUEN MANTEÑA A LIÑA

No 2º nivel houbo máis aniversarios, esta vez tocoulle a Raquel e David. Mirade que tortas máis saborosas e bonitas nos trouxeron.
Felicidades
(Foto: profe María)

PRESENTACIÓN DUN LIBRO


É posible regalarlle a alguén a lúa?
Pois aínda que non volo pareza, si é posible.
No libro Fonchito y la luna de M.Vargas Llosa, que trouxo Brais N. hoxe, nos conta como se pode facer.