grazasemptyporemptynosemptyvisitar

23 jun 2009

UN BO XEITO DE REMATAR O CURSO


Aqui vos deixamos un agasallo visual das nosas obras de arte culinarias. Participaou todo o alumnado do cole, desde infantil ata sexto nivel.

Foi todo un éxito.

22 jun 2009

EN RIANXO, PASÁNDOO BEN


BO VERÁN !!!!



Verémonos en setembro.

9 jun 2009

O NOSO COCORICO


Personaxes e decorados para o video que fixemos do COCORICO

( Contos e cantos Editorial OQO)

8 jun 2009

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

A canción é o primeiro single do Porto Presente, o novo álbum de Macaco, que formou parte dos eventos que organizou National Geographic para conmemorar o Día da Terra en España.Todos os artistas uníronse desinteresadamente a través da música para apoiar a difusión dunha mensaxe a favor da natureza e da conservación do planeta. .

Cando a última árbore teña morto,
o último río secado,
o último peixe pescado,
TODOS IMOS ENTENDER QUE OS CARTOS NON SE COMEN. (Greenpeace).

1 jun 2009

PÁNICO NA RÚA



Na aldea a rúa está alborotada por culpa dun gamberro que fixo que os animais se puxeran nerviosos ao espantalos.
Alberto e Lidia
Nesta rúa a xente vivía aterrorizada polos animais porque ao sair da súa casa atacábanlle coma tolos.Seguramente esto é debido a que no pasado foron maltratados.
Carlos e Clara
Na rúa había unha festa e, cando os homes ían soltar os animais para a procesión, escapáronselles. Comezaron a romper as carretas, os carros e todo o que atopaban por alí.
Alba e David
Na aldea houbo unha festa e, á mañá seguinte, os animais estaban soltos. Cando os aldeáns saíron á rúa viron os animais e espantáronnos. A estes entroulles pánico.
Álex e Nuria
Nunha vila de México a xente corre cara ás súas casas para se salvar das couces dos cabalos e das mordeduras dos cans, que están enfadados porque o dono non os trata ben.
Iván, Laura N. e Laura P.
Nesta aldea estaba a xente descansando. Oiron un ruído moi forte, eran os animais que estaban descontrolados porque houbera un tornado.
Óscar e Paula