grazasemptyporemptynosemptyvisitar

29 oct 2010

TREMENDA ARAÑEIRA

Mirade que cantidade de arañas apareceron no corredor de abaixo.... seguro que os nenos e nenas de infantil teñen algo que ver.

(Foto: profe Anxos)

28 oct 2010

UI, QUE MEDO !!!!!





(Chuza nas fotos para velas ampliadas)

Aqui vos deixamos unha mostra das cabazas "terroríficas" realizadas polo alumnado do 1º ciclo en colaboración coas súas familias.

Como podedes observar son unha preciosidade e... menudo traballo que levaron !!!
(Fotos: alumnado do 2º nivel e profe Anxos)

27 oct 2010

XA FALTA MENOS !!!!!!!!


Unha pequena pista: os celtas celebraban nesta festividade o fin do verán; as meigas, gatos negros, morcegos ,vasoiras voadoras e cabazas que meten medo forman parte da tradición deste día.....

Xa sabes de que falamos??? Se queres coñecer máis desta festa , preme aquí

(Foto : profe Anxos)

21 oct 2010

PEPA E PEPE NO RECREO

As nosas tartarugas saen ao patio a tomaren o sol; seica é moi bo para fixa-lo calcio do caparazón.


Aroa está a ler o libro de X.A. Perozo A incrible historia de Claudina que vai dunha tartaruga á que lle acontecen moitas cousas... a ver o que nos conta !!

18 oct 2010

PEPE E PEPA

Pepe e Pepa son dúas tartarugas ou sapoconchos que trouxo Aroa (unha delas deixoulla o Ratiño Pérez) nunha caixa de plástico con auga. Son moi xoguetonas, pequenas e teñen os caparazóns diferentes, de cor verde e algo amarela.
Levan con nós dende o inicio de outubro.
Polo de agora non temos moi claro se son femias ou machos,o veterinario dixo que aínda eran moi pequechas para sabelo.

(Parte posterior do caparazón )

13 oct 2010

OUTRO ANIVERSARIO MÁIS



Outro ano máis... e xa son 7.
Yago agasallounos con esta mágnifica torta de chocolate feita pola súa mamá, Ana.
Grazas Ana !!!!!!!

6 oct 2010

DEGUSTACIÓN DE DOCES MARROQUINOS


Hoxe Wisam chegou á escola con esta impresionante bandexa de doces feitos na súa casa . A profe Cristina, o alumnado de 5 anos (onde está Marwa) e nós pudemos compartir tan saborosos bocados.

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS !!!!! avoa e mamá de Wisam e Marwa

3 oct 2010

COMEZAMO-LO NOVO CURSO

Mirade de que xeito comezamos o curso.... con estas tres tortas tan saborosas que nos trouxeron Isma, Ana e Andrea.
Grazas