grazasemptyporemptynosemptyvisitar

21 dic 2010

O PANDIGUEIRO CHEGOU Á NOSA ESCOLA


O Pandigueiro,que baixou das montañas nevadas de Lugo, estivo na nosa escola e agasallounos cunhas bolsiñas de doces riquísimos.
Deixounos encantados.
Antía di que as galletas especiais para ela estaban boiiiiiiisimas.

20 dic 2010

ETIQUETAS ADHESIVAS


Traballo feito polo alumnado do 1º ciclo para colaborar co comercio de S. Miguel

FACENDO MAXIA NA ESCOLA

Miguel de axudante do mago XAVIER MURO

Nada por aquí...... nada por alá !!!!

WAUUUUUU !!!!!
de onde saíron ese dálmate e o can negro????. Isto si que é maxia de verdade.

17 dic 2010

COLABORAMOS CO COMERCIO DE S. MIGUEL

Algúns dos carteis que fixemos no 1º ciclo, a proposta do EDL, para establecementos de S. Miguel de Deiro.

15 dic 2010

O MISTERIO CONTINÚA....

Agora lle toca o turno aos nenos e nenas de 4 anos.
Mirade que sacapuntas máis fantásticos fixeron..

14 dic 2010

QUE BONITOS !!!!!


(Foto: profe Cris)
Mirade que cadernos tan bonitos fixeron os nenos e nenas de 5 anos.... Para que serán????

12 dic 2010

LIBRO RECOMENDADO DA SEMANA


Esta semana recomendámosvos o libro de poemas A campá da lúa da escritora H.Villar Janeiro e ilustrado por A. Ferrer.
Aparecen o loro verde, o gato Honorato,os trenes levan gravata e sombreiro, as bruxas saltan semáforos....poemas moi divertidos e con preciosas ilustracións.

9 dic 2010

QUE ESTARÁN A FACER??????

(Foto: profe Cristina)
Os nenos e nenas de primeiro, xunto coa profe Fina, estiveron pintando unhas oveiras de cor verde e non sabemos cal é o obxectivo de tal actividade.
Cremos que este podía ser un bo caso para o detective TORPENCETE, nonsi?

E XA SON 6 !!!!!

(Foto: profe María)
Mirade que cara máis sorrinte ten o Alberto diante desa magnífica torta no seu sexto aniversario.
Grazas Alberto.

6 dic 2010

PONTE DA CONSTITUCIÓN

Ata o xoves 9 non volvemos ás aulas. Aínda quedan tres días por diante para coller folgos, así que.... pasádeo ben.