grazasemptyporemptynosemptyvisitar

31 oct 2012

GAÑADORAS


Hoxe , coincidindo coa celebración do Samaín na escola, CHAVETA entregou os premios ás gañadoras do concurso, organizado o Día das Bibliotecas, nas categorías A e B:  Lucía ( do 1º nivel ) e Antía (2º nivel) foron agasalladas cun libro e diploma.
Parabéns ás dúas 

28 oct 2012

XADREZ: O ALFIL ENTRA EN XOGO

Xa entrou o alfil en xogo, avanza  pola súa diagonal  os lugares que quere e pódese mover para atrás.O seu valor é de 3 puntos. De momento a peza que ten máis valor é a torre, con 5 puntos.Por iso hai que pensar moito á hora de ceder unha peza.

24 oct 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe ,no DÍA DAS BIBLIOTECAS, baixamos ao corredor da planta baixa para vermos a exposición de traballos feitos por todo o alumnado do colexio co gallo do concurso A MIÑA BIBLIOTECA IDEAL convocado pola nosa mascota CHAVETA no nome da biblioteca do cole.
Gustáronnos moitísimo todos os traballos. 
Visitamos tamén a biblioteca e atopamos na sección de banda deseñada estes dous libros Obxectivo a lúa e Explorando a lúa, da serie Tintín que nos veñen fenomenal para o traballo que estamos facendo sobre planetas, satélites, Terrra...

16 oct 2012

XADREZ: AS TORRES


Xa apareceron as torres; aprendimos que se moven en fila  e en columna e avanzan o que queren.

9 oct 2012

MARÍA XA TEN 6 ANOS

Onte María estivo de aniversario e hoxe celebrámolo con esta torta tan saborosísima que fixeron  na súa casa.
Moitas grazas por nos convidar e unha morea de felicidade.

8 oct 2012

O TELESCOPIO DE LUCÍA

Lucía do 1º nivel, trouxo á escola un TELESCOPIO e contounos moitas cousas deste aparello:
  • con el podemos ver a lúa, as estrelas.
  • ten dúas lentes
  • a súa forma é cilíndrica
  • vai colocado nun trípode para suxeitarse..

... en fin que aprendimos moito.
Grazas Lucía por compartir con nos os teus coñecementos.
Carmen, do 2º nivel, achegounos un traballo fermosísimo sobre o sol. Aquí vos deixamos unha pequena mostra .
Moitas grazas a Ana, mamá de Carmen e María.

2 oct 2012

SAN MIGUEL DAS UVAS


Aproveitando que é a época da vendima, Carmen achegounos este precioso debuxo das partes dunha vide.