grazasemptyporemptynosemptyvisitar

28 oct 2008

XADREZ PARA TOD@S

Aprendendo a xogar Este curso temos taller de xadrez tódolos venres.

24 jun 2008

FINAL DO CURSO


Verémonos de novo en setembro, ou..que pensabades?

19 jun 2008

DE PASEO POR CERDEDO

GOZANDO EN CERDEDO

No alto do Seixo(monte do Cando)




Estamos no camiño correcto



Atopamos a pista . Temos que continuar rapidiño ou o outro equipo nos sacará vantaxe.





Orientándonos coa brúxula para atoparmos as pistas que están agachadas

15 jun 2008

PIRATAS A BABOR !!!!!!!!


O bergantín Marabillas aportou no peirao do colexio traendo consigo os dez piratas máis sucios, máis feos, máis malos que se teñan visto.
Ollo con eles, están por tódalas partes: o Tripas, O Marmota, O Furriqueiras...
Que medo, mamasiña!!!!!!


13 jun 2008

RONALDINHO CON MULETAS

David, o noso compañeiro, cortouse no pé, cando se meteu onte na auga da praia do Terrón, por non levar "fanequeiras".
Será o novo Ronaldinho con muletas?? Poderá ir a excursión o mércores que vén??? Que fará na hora de ximnasia????
(foto: Laura N.)

11 jun 2008

QUE PASADA!!!!!


Xa está na rúa o número 16 da revista da escola, onde podedes ver traballos de tódolos niveis.... dende infantil ata 6º de primaria.
A portada está adicada a Xosé Mª Álvarez Blázquez o escritor homenaxeado nas "Letras Galegas" e leva un poema moi fermoso do seu libro Roseira do teu mencer , que se atopa na biblioteca da escola.
Botádelle un ollo á revista e veredes de cantas cousas vos enterades.

6 jun 2008

DEBUXANDO NA RÚA


Hoxe fomos polo monte ata S. Roque para ver a capela e o cruceiro e debuxalos para o traballo que estamos a facer sobre A Localidade. Aproveitamos o paseo para facer fotos das plantas e árbores que vimos.
(foto: Anxos)





27 may 2008

QUE CHOVA, QUE CHOVA....!!!!!!!!


Así de ben queda a entrada do cole. Xa non nos mollamos cando chove.
(foto: Laura Nogueira)

12 may 2008

CADROS DUNHA EXPOSICIÓN




Estes traballos son unhapequena mostra da exposición que se atopa no corredor do primeiro andar da escola. Algúns deles están feitos en plastilina sobre táboa e outros con ceras brandas sobre cartolina.
(fotos: alumnado de 3º, 4º e Anxos)

26 mar 2008

NOVIDADES Á VOLTA DAS VACACIÓNS



  • Agora mesmo a entrada da escola está reformada xa que temos unha cuberta, "en obras", para nos protexer da choiva.
  • Venres 28 entrega de notas e por primeira vez levaremos nós os boletíns para entregar nas casas
    O noso conserxe Benito estivo de baixa e incorporouse hoxe.
  • Neste venres deportivo imos ter o mesmo xogo que no primeiro: " BRILÉ"


14 mar 2008

VACACIÓOOOOOONS!!!!!

ACHÉGASE A PASCUA
...e imos ter unha semana de vacacións e o noso blog tamén.
Como xa víchedes nel, hai unha sección que se chama" Cadros dunha exposición", na que aparecen traballos plásticos feitos por nós. Á volta de vacacións , con estes traballos e con outros de 4º nivel, faremos unha exposición no corredor da escola para amosar as nosas creacións.

(foto : Internet)

5 mar 2008

BATUCA !!!!!



O venres pasado , dentro dos "venres deportivos", tivemos sesión de BATUCA no ximnasio.
(foto: Laura Nogueira, 3º)

4 mar 2008

ARRÁS


O profe Manuel Abraldes forma parte deste grupo de música, e agasallounos con este disco para a biblioteca.

28 feb 2008

UN ICEBERG NA NOSA AULA


En Coñecemento estamos a traballar co tema da auga e os cambios de estado da mesma; Anxos nos dixo que, na casa, fixeramos o seguinte:
-botar auga en dous tarros, nun deles ata arriba.
-cerralos e metelos no conxelador.
-esperar e ver o que acontecía.
Álex , no día seguinte, trouxo á aula os dous tarros, no que enchera ata os topes tiña o xeo que saía xa por fora, empuxando a tapa.
Ao cabo dun certo tempo foi aparacendo nos tarros auga líquida e xeo aboiando nela. Xa só nos faltaba o estado gasoso; saímos ao patio na procura de nubes...mais só atopamos ceo gris e choiva.
Ao David, máis que un iceberg, parécelle un porco espiño branco.

26 feb 2008

CHAVETA CHEGA Á BIBLIOTECA



Botou un ollo pola fechadura: libros agardando seren colocados nos andeis, paredes de cores recén pintadiñas, música no outro lado do corredor...gustoulle.
Este é un bo lugar para quedarse, pensou.

18 feb 2008

O ENTROIDO







O Entroido é unha festividade moi antiga na que se festexa o "San Carnal", onde a xente se disfraza e tamén fai comidas típicas desta época como o cocido e sobremesas como orellas, filloas...
Na entrada da escola colocouse un boneco feito con material de refugallo e cada día aparecía cunha prenda máis; o primeiro día apareceu cuns colares, logo foron aparecendo camisa floreada, flores no cabelo.....ata se converter nun hippie, e nós con el.Como choveu non saímos á rúa, tivemos que facer o desfile e a festa no ximnasio.



14 feb 2008

QUERIDO INIMIGO




Nós estamos a traballar con este libro.
Escribiuno Agustín Fernández Paz e ilustrouno Tesa González.Trata dunha nena chamada Laura que ten algúns problemiñas cos cans.....

31 ene 2008

O DÍA DA PAZ




Fixemos uns carteis nos que aparecía PAZ en distintos idiomas. A nosa aula tocoulle :
SHANTI (hindi) ERKIGSNER(esquimó) AMNIAT( pashto)VREDE(afrikáans) SIDI(tibetano)
Saímos á porta do colexio, despois do recreo, todo o alumnado e profesorado. Davi e Manolo fixeron as fotos.
O profe Antonio foi chamando a cada nen@ e preguntándolle país, lingua e como se dicía a palabra PAZ na mesma .A continuación os carteis pegáronse, coa axuda das profes Susana, María Xosé e Goretti nun mapa mundi que xa estaba colocado na parede de fóra,á entrada da escola.

15 ene 2008

CONCERTO











O día 11 de xaneiro fomos, os nenos e nenas de terceiro e cuarto co profe Antonio e a profe Goretti, a un concerto en Pontevedra do grupo Gaiteiros da Xistra de música tradicional galega;a sala estaba chea de nenos e nenas doutros colexios. Algúns subiron ao escenario para lle axudar os actores no xogo dos instrumentos, que estaban divididos en grupos de:percusión (bombo, charrasco,...), de vento (gaita, requinta...) e de corda( zanfona, violín).
Cando se cantou "A Rianxeira"apareceu no escenario un bote cuns mariñeiros a bordo e unhas canas de pescar e redes
O concerto durou sobre unha hora e resultounos divertido, entretido e aprendimos moitas cousas.