grazasemptyporemptynosemptyvisitar

28 feb 2008

UN ICEBERG NA NOSA AULA


En Coñecemento estamos a traballar co tema da auga e os cambios de estado da mesma; Anxos nos dixo que, na casa, fixeramos o seguinte:
-botar auga en dous tarros, nun deles ata arriba.
-cerralos e metelos no conxelador.
-esperar e ver o que acontecía.
Álex , no día seguinte, trouxo á aula os dous tarros, no que enchera ata os topes tiña o xeo que saía xa por fora, empuxando a tapa.
Ao cabo dun certo tempo foi aparacendo nos tarros auga líquida e xeo aboiando nela. Xa só nos faltaba o estado gasoso; saímos ao patio na procura de nubes...mais só atopamos ceo gris e choiva.
Ao David, máis que un iceberg, parécelle un porco espiño branco.

26 feb 2008

CHAVETA CHEGA Á BIBLIOTECA



Botou un ollo pola fechadura: libros agardando seren colocados nos andeis, paredes de cores recén pintadiñas, música no outro lado do corredor...gustoulle.
Este é un bo lugar para quedarse, pensou.

18 feb 2008

O ENTROIDO







O Entroido é unha festividade moi antiga na que se festexa o "San Carnal", onde a xente se disfraza e tamén fai comidas típicas desta época como o cocido e sobremesas como orellas, filloas...
Na entrada da escola colocouse un boneco feito con material de refugallo e cada día aparecía cunha prenda máis; o primeiro día apareceu cuns colares, logo foron aparecendo camisa floreada, flores no cabelo.....ata se converter nun hippie, e nós con el.Como choveu non saímos á rúa, tivemos que facer o desfile e a festa no ximnasio.



14 feb 2008

QUERIDO INIMIGO




Nós estamos a traballar con este libro.
Escribiuno Agustín Fernández Paz e ilustrouno Tesa González.Trata dunha nena chamada Laura que ten algúns problemiñas cos cans.....