grazasemptyporemptynosemptyvisitar

20 nov 2009

COUSAS IMPORTANTES QUE PASARON HOXE

O padriño de Matías, do segundo nivel, agasallounos hoxe cuns "animaliños moi especiais" que se dan nos lugares polos que andivemos onte: berberechos, ameixas xapónicas, navallas, mexillóns, ourizos, ostras e dúas volandeiras que están agochadiñas.









Iria P., do segundo nivel, estaba hoxe de aniversario e trouxo unha torta boísima para compartir con nos.
Grazas Iria.
(FOTOS: profe María)

19 nov 2009

NO MONTE SIRADELLA ( O GROVE)


No Con da Edra








Esta quincena traballamos o Complexo Intermareal Umia- O Grove;



para elo hoxe fixemos unha saída ao monte Siradella para ollar, dende alá enriba, a praia de A Lanzada, a illa de Ons e Cíes ao fondo e a enseada de O Bao. De volta vimos o río da Chanca, en Dena e a desembocadura do Umia, en Cambados.
(FOTOS: profes María e Anxos)


15 nov 2009

O OUTONO

1 nov 2009

O NOSO SAMAÍN


No primeiro ciclo traballamos os elementos que forman parte do SAMAÍN: bruxas coas súas vasoiras voadoras, gatos negros , cabazas, esqueletos .... Esta mostra do traballo plástico realizado está no corredor do primeiro andar do colexio.

Agradecemos a colaboración da nai de Antía S. e dalgunhas nenas de 5º nivel na decoración das cabazas.

(FOTOS: Profes Fina, María S. e Anxos)