grazasemptyporemptynosemptyvisitar

28 feb 2011

NOVO CASO


Bos días rapazas e rapaces de segundo! Quero ensinarvos a miña casa, pero vivo nunha rúa onde todas son moi semellantes . A ver se me axudades a saber cal é coa descrición que vos deixo dela.
Saúdos
Torpencete

A miña casa ten un tellado vermello cunha cheminea que bota fume. A fachada é de cor azul e presenta dúas fiestras, un balcón cunhas fermosas flores de moitas cores e unha gran porta marrón de entrada.
No lado esquerdo hai un enorme carballo, que durante o verán protéxenos do sol. Na parte dereita está a caseta do meu can Pupi, que me axuda nas miñas investigacións!

(Actividade feita coa profe Silvia de AL)


27 feb 2011

VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO

O martes 22 estivemos no Salón do libro de Pontevedra onde as cousas non eran o que parecían....
Se queredes saber como foi...CHUZADE na foto.

24 feb 2011

E XA CAERON 8 !!!!



Hoxe Antía agasallounos con dúas esquisitas tortas; unha de mazá e unha de amorodos con nata que estaban MMMMMMMMM !!!de se relamber os dedos.

Grazas Minia, mamá de Antía,por elaborar uns doces tas saborosos e compartilos con nós

17 feb 2011

LÚA PEQUENIÑA

(Foto: profe María)
Hoxe Antía trouxo unha hamster pequeniña , peludiña e durmiñona que viña dentro dunha gaiola cun tobogán, roda e casiña.
Antía di que a gaiola é parecida a un apartamento de luxo.

15 feb 2011

IMOS AO TEATRO

O venres 18 imos ver, en Pontevedra, esta peza presentado polo grupo de monicreques TANXARINA.

13 feb 2011

10 feb 2011

ESTRELA, A TARTARUGA DE ELOY

(Foto: profe María)

Eloy dille a Belén ( a súa nai) que lle gustaría levar a ESTRELA
ao cole para ensinarlla aos seus compañeiros de clase.
E así foi como apareceu a tartaruga no cole de Viñagrande.

9 feb 2011

A SORPRESA DE ISMAEL E ANA


Foto :profe María

Hoxe Ismael e Ana de 1º trouxeron dous conexiños que lle naceron na casa no mes de xaneiro e que teñen 4 irmáns máis( que non puderon viren porque a mamá conexa non podía quedar sen conexiños)
Comen penso, follas de verdura e herba do xardín e beben auga dun bote que lle puxo Eladio ,que é o papá de Ana e Isma.
Entre toda a clase escolleron os nomes, saíndo elixidos CHACHIÑO para o conexo de Ana e LELI para o de Ismael.

4 feb 2011

XA ESTÁ AQUÍ !!!!

O domingo 6 de febreiro abre de novo as portas o SALÓN DO LIBRO adicado nesta ocasión á MENTIRA

Unha boa ocasión para gozar cos libros e a lectura

FERNANDO PRESENTA...

(Foto:profe María)
... o libro PULGUIÑA da editorial Kalandraka, escrito por Manuela Rodriguez e con ilustracións de Orballo.

Uns labregos tiveron un fillo pequeno como unha pulga, ao que lle puxeron de nome Pulguiña.Era moi traballador e valente. Meténdoselle na orella, guiaba o burro. Labraba a terra afalándolles ás vacas sentado no xugo, pero un día descansando na palla a Pinta papouno dun bocado.....