grazasemptyporemptynosemptyvisitar

28 nov 2011

MARÍA XA TEN 7 ANOS


Mirade de que xeito máis doce celebramos os 7 anos de María.

15 nov 2011

VISITA DE YERAY AO COLE

Hai uns días a profe Davinia veunos presentar o seu fillo Yeray. Os nenos e nenas do segundo nivel fixeron este fermoso traballo para agasallalo.




PREMIADO POR VILANOVA CENTRO

(Preme na foto e verás o video da entrevista realizada no cole)



Jonathan Fernández dos Reis foi o gañador dunha iniciativa educativa realizada entre o colexio San Miguel de Deiro e a asociación.
Este é o debuxo que a partir de finais de mes ilustrará tódalas bolsas que entregarán os comerciantes de Vilanova Centro cada vez que alguén merque no seu establecemento. Foi a ilustración gañadora no concurso organizado entre o colectivo e colexio San Miguel de Deiro. A idea partiu do equipo de normalización da lingua galega do centro.
A iniciativa forma parte dun proxecto educativo no que participaron os 140 alumnos do centro. Moitos deles descubriron así que é e como funciona unha asociación de comerciantes. Unha forma diferente de promover o pequeno comercio nas parroquias do municipio.
As preto de 20.000 bolsas que se imprimirán co debuxo estarán dispoñibles nos comercios para a campaña de Nadal. Ademais da ilustración gañadora, outros dous cativos recibiron un segundo e terceiro premio polos seus traballos, galardóns que se entregaron onte á maña.

7 nov 2011

NON SÓ MANS E PÉS.