grazasemptyporemptynosemptyvisitar

27 mar 2014

FRAN ALONSO CONNOSCO

Por fin chegou o día e FRAN ALONSO encheu coa súa poesía a biblioteca do cole.

A que non sabiades que a poesía ten patas? Pois si, nada menos que catro 

As palabras, cando están moi hinchadas de significado , poden explotar coma se dun globo se tratara 

Tamén nos recitou poemas que tiñan que ver con animais...
pasou a serpe Sabela, dragóns que non botaban lume, polbos que nos transportaron ata o mar no que habitan.


Xulián e Antía, en nome de tod@s nós, entregáronlle un pequeno agasallo que lle gustou moito: un lapis de carpinteiro para que continúe a escribir  moitos poemas el mailo seu gato, e un libro-caixa  máxico para enchelo con morea  de palabras reversibles, máxicas, abrapalabrantes...




22 mar 2014

DÍA DA POESÍA: AGASALLO VISUAL



Para celebrarmos o día da poesía , e aproveitando que o alumnado de 1º, 2º e 4º nivel está a traballar co libro de Fran Alonso O meu gato é un poeta , tivemos un recital de poesías de creación propia que foi todo un éxito e pasámolo moi ben.
Como sobremesa houbo uns doces moi especiais : piruletas de poemas acompañadas de nubes. Non se pode pedir máis.

18 mar 2014

OUTRO OFICIO MARIÑEIRO: MERGULLADOR


Hoxe tivemos a visita de José ( o papá de Mario) . Contounos moitas cousas do seu oficio: é mergullador e vai  coller navallas. Para elo precisa dunha roupa un pouco especial, realizada nunha materia que se chama neopreno  e serve para non ter frío cando se está baixo o mar.

O traxe consta dun pantalón de peto, chaleco...

...luvas con dous dedos cortados para ter máis sensibilidade á hora de coller as navallas...

...nos pés escarpíns e aletas xigantes ( Diego case non pode )...



...na cintura e nas costas chumbos para poder baixar ao fondo...


... gafas e tubo para poder respirar. 

Para ambientar a aula, Rubén achegounos esta colección de cunchas recollidas por el na praia. 

Moitas grazas ao papá de Mario por se achegar  e aprendernos tantas cousas sobre o seu oficio.

13 mar 2014

O TRABALLO D@S BATEEIR@S

Hoxe tivemos unha clase un pouco diferente ao habitual. Para comezar,  na entrada do cole temos esta maqueta xigante dunha batea achegada polo avó e mamá de Lucía de segundo.
Como vedes non lle falta detalle: frotadores, cadeas para suxeitar os mortos, cordas....

Marta e Chiña ( mamá e avoa de Lucía) achegáronse para nos aprender todo o procedemento de encordado e desdobre do mexillón na batea. 

Roi e Darío  practicando... Mirade que ben o fan.


11 mar 2014

...E CONTINUAMOS DE CELEBRACIÓNS.

Diego xa cumpriu os sete anos e agasallounos con esta torta boísima de chocolate elaborada pola súa avoa. Moitas grazas por querer compartila connosco.

4 mar 2014

LEÓNS E LEOAS

Aquí tedes o resultado do magnífico traballo realizado polos nenos e nenas do 1º ciclo.