grazasemptyporemptynosemptyvisitar

30 abr 2012

A PATAQUEIRA

Planta da pataca achegada por Carmen para vermos as diferentes partes da mesma.Grazas ao  seu papá por ir buscala.

27 abr 2012

DUPLO ANIVERSARIO


Celebramos hoxe no cole o sétimo aniversario de Iván e o oitavo de Carolina cunhas tortas boísimas, moi apetecibles e cun aspecto moi bonito.
Encantáronnos!!!!
Grazas  a Ana  Belén e Susana ( mamás de Iván e Carolina)

26 abr 2012

PRIMAVERA


A primavera xa chegou á maceira do noso cole...... agardamos que cheguen as mazás.

23 abr 2012

OUTROS LIBROS







Agasallo visual para un día como hoxe. 
Espero que vos agrade.

21 abr 2012

ELOY E O SEU OITAVO ANIVERSARIO



O venres, Eloy agasallounos con esta fermosa torta  con amorodos que estaba boísima. 
Moitas felicidades polo teu oitavo aniversario e grazas por compartilo con nos.

19 abr 2012

DIA DO LIBRO 2012





O luns, 23 de Abril , celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO e dos dereitos de autor. Aquí vos deixo o cartel conmemorativo deste ano.

18 abr 2012

PLANTAS




Información achegada por Antía, Carmen e Marwa para o tema das plantas. Nesta ocasión falabamos de plantas que se utilizan na cociña como condimento; ou que teñen algún tipo de propiedade para a saúde.
Grazas ás familias pola vosa colaboración.

Aproveitamos a mazá da merenda para observar  as sementes .

17 abr 2012

PLANTAS MEDICIÑAIS

"Deste libro podes aprender moitas cousas de plantas mediciñais" dinos Antía que trouxo este libro por recomendación da súa avoa Teresa.

16 abr 2012

MES DO LIBRO


  


No MES DO LIBRO, aquí vos deixo este agasallo visual para que gocedes con el.

15 abr 2012

LA CEBRA DEBRA


Para rematar a unidade dos ANIMAIS Carmen achegounos este precioso libro La cebra Debra que, segundo nos amosou, é moi presumida e quere ter tódalas cousas que teñen os demais animais: as pestanas da vaca, o pescozo da xirafa, as manchas do leopardo..... En fin, se queredes coñecer máis esta cebra teredes que ler o libro.