grazasemptyporemptynosemptyvisitar

23 abr 2014

DÍA DO LIBRO : SENTADA LECTORA

Para celebrarmos O DÍA DO LIBRO convidamos ás familias do noso alumnado a participar nunha sentada lectora na hora de ler. Isto apenas é unha pequena mostra do que aconteceu. En días vindeiros aparecerán máis fotos e outras actcividades dos obradoiros que fixemos.

10 abr 2014

EDUCACIÓN VIAL







8 abr 2014

OFICIOS MARIÑEIROS : RAÑEIR@S, MARISQUEO A FLOTE

Que fan tod@s est@s rañeir@s no patio do cole ???


 José Manuel, pai de Paula achegouse o luns ao cole para nos explicar en que consiste o seu traballo de mariscador e como se funciona co raño para coller ameixas.

A vara, de eucalipto, pode chegar a medir ata 30 metros dependendo da profundidade na que se traballe.




Hai que unir varas varas para facelas así de longas









O raño da rede era o que se utilizaba antes .



Na actualidade xa hai algunhas mulleres que van mariscar a flote, ata o de agora só ían homes.

Pasámolo moi ben e aprendimos moitísimas cousas. 
Grazas ao papá de Paula por vir compartir con nós o seu saber.