grazasemptyporemptynosemptyvisitar

27 jun 2011

REMATOU O CURSO



Deséxovos que pasedes un verán estupendo .


Un bicazo enorme aos nenos e nenas do segundo nivel por me facer pasar momentos inesquecibles ao longo destes dous cursos.

23 jun 2011

MERENDAS APETITOSAS







Mirade que xeito máis bo e saboroso de rematar o curso. As lambonadas foron elaboradas polo alumnado do centro, distribuído en grupos onde había nenos e nenas de tódolos niveis e unha profesora encargada .


O resultado, como podedes ver, é espectacular.

21 jun 2011

DETECTIVES DAS LETRAS



Diploma que nos concedeu TORPENCETE pola axuda que lle prestamos neste curso para resolver os casos que se lle presentaron.

CAMPIONATO 2011






Onte e hoxe tivo lugar no cole o III CAMPIONATO DE XADREZ.

Primeiro, segundo e terceiro fomos os que encetamos o torneo onte a cinco partidas , quedando o resultado do seguinte xeito:

No primeiro lugar quedou ABEL do 1º nivel seguido de BRAIS F. e BRAIS N do 2º nivel e NICOLÁS e RAQUEL do 3º nivel.


Parabéns para todos e todas por participaren neste torneo amosando un comportamento tan espectacular.


( Para ver as fotos podedes chuzar no taboleiro ou no apartado FOTOS, na columna esquerda do blog)

OBXECTOS CON DIFERENTES UTILIDADES









6 jun 2011

VISITA DUN ESCRITOR



A pasada semana tivemos a visita do escritor Fernando González Graña. Os de segundo e primeiro fixémoslle uns debuxos sobre o libro O diario de Daniel . Pasámolo moi ben con el.