grazasemptyporemptynosemptyvisitar

22 dic 2013


19 dic 2013

... XA CHEGOU O PANDIGUEIRO


Hoxe , por fin, chegou o PANDIGUEIRO ao noso cole e viña cargadiño dunhas castañas moi especiais recheas de xoaniñas de chocolate.
 Mmmmmm, que boas !!!



Gustoulle moito a nosa exposición de xoguetes antigos; xa que el nas longas noites de inverno, aló polo Courel , tamén fai enredos cos pauciños   e outros elementos  da natureza que atopa pola fraga.


15 dic 2013

CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS

Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de Reis
( Kalandraka).
Adaptación  do profe Xabi.
Ilustracións de Kiko Dasilva e nenos e nenas de primeiro e segundo
Música de The Mamas and  the Papas, cantada polo alumnado do primeiro ciclo.

9 dic 2013

... XA ESTÁ SAÍNDO DO COUREL.

Se chuzas na imaxe atoparas moitas actividades sobre o PANDIGUEIRO ou APALPADOR
(Grazas a Belén Junquera)

1 dic 2013

ENREDOS III


27 nov 2013

ENREDOS II


26 nov 2013

ENREDOS

Algúns dos enredos elaborados polo alumnado do primeiro ciclo, coa axuda das súas familias.

23 nov 2013

12 nov 2013

8 nov 2013

OS CONTOS DO PROFE XABI III


A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabas…), alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van chegando con agasallos (un pucho, unha torta de pera, unha manta…) para acompañala antes do longo período de sono que lle agarda. A amizade é importante e a tartaruga agradece as atencións, pero cada vez ten máis sono e o único que quere é que a deixen tranquila para poder durmir…

7 nov 2013

POLO SAN MARTIÑO.....

Trompos,  buxainas invaden o noso cole: tomando o sol, Bob Esponxa na praia das Patiñas, morcegos, insectos.... como vedes imaxinación non falta.
Grazas a todas as familias pola participación.

6 nov 2013

ESCOITAMOS O CORAZÓN.

Seguimos a estudar o noso corpo por dentro: Roi escóitalle o corazón a Rubén..... parece que vai ben. 
A ver como marcha mañá despois da clase de ximnasia.


Radiografías  achegadas por Arancha e Mario que nos permitiron ver como son na realidade os nosos ósos.



5 nov 2013

ÓSOS

Como estamos a traballar o esqueleto María, do segundo nivel, apareceunos con estes ósos para que observaramos as partes que o forman; contounos que na médula ósea hai un grupo de células que son as encargadas de formar o sangue. Quedamos coa boca aberta.
Moitas grazas María por querer compartilo con nos,

29 oct 2013

XULIÁN PRESENTA .....

Julián hoxe na Hora de Ler, presenteunos este libro sobre o corpo humano, moi interesante e curioso.

28 oct 2013

CABAZAS

Cabazas terroríficas invaden o cole.... Andará cerca o Samaín????

24 oct 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS


Algúns dos traballos presentados ao concurso organizado dende a biblioteca do cole co gallo do Día das Bibliotecas..

18 oct 2013

OS CONTOS DO PROFE XABI NA HORA DE LER II

Hoxe, coma tódolos venres, o profe Xabi leunos un conto; nesta ocasión tocoulle a COCORICO,editado por OQO.Ao remate vimos o videoconto do mesmo. 
Eu quérovos deixar un agasallo visual realizado no ano 2009 por nenos e nenas que daquela estaban conmigo. Son os decorados e personaxes deste conto.
CHUZA NA IMAXE

17 oct 2013

O CORPO POR DENTRO II

Continuamos co noso corpo por dentro; agora tócalle ao aparello dixestivo. Así nos está quedando.
Globos, plastilina, la, papel contínuo, témpera, Alkil.

A PROFE MÓNICA PRESÉNTANOS UN LIBRO

Hoxe tivemos  a profe Mónica con nos para presentarnos este libro que nos conta cousas moi interesantes sobre o corpo; algunhas xa as coñeciamos , outras non.
Moitas grazas, profe por compartilo e facernos pasar un momento tan agradable.


12 oct 2013

OS CONTOS DO PROFE XABI NA HORA DE LER

Este venres, na HORA DE LER, o profe Xabi leunos o conto A figueira de Pelostortos de Ana G. Castellano &Mikel Madrones da editorial OQO.
E, para rematar, proxectounos este videoconto do Ceip Coirón Dena do que o tomamos en préstamo . 

9 oct 2013

..E SEGUEN CUMPRINDO ANOS

FOTOS: Xavi e Anxos
Lucía do primeiro nivel e María do segundo cumpriron anos e convidáronnos a celebralo con estas saborosísimas tortas caseiras. 
Moitas grazas a ámbalas dúas  e ás súas mamás.por querer compartilas con nós.

O CORPO POR DENTRO I

Estamos a traballar o noso corpo por dentro e comezamos polo aparello circulatorio:  veas, arterias, corazón... .

Plastilina, témpera, Alkil, papel contínuo e... moita vontade

29 sept 2013

......COMEZAMOS

Dende este blog queremos darlle a benvida ao ciclo  aos nenos e nenas que pasaron ao primeiro nivel ,@s veteran@s que pasaron ao segundo nivel e ao profe Xavi como titor do segundo. 
Tamén queremos lembrar dun xeito moi especial a profe  MARÍA da que aprendimos tantas cousas boas e divertidas. 
Que sorte teñen os nenos e nenas do Foxo !!!!


BO COMEZO 
FOTO: profe Xavi

 Para celebrar o seu cumpreanos, Antía trouxo unha torta de chocolate e galleta que estaba exquisita.

O alumnado de 1º e 2º celebrámolo na aula de informática facendo unha gran festa onde compartimos a torta (22 cachos dos que só sobrou 1)
Parabéns Antía polos teus 6 anos!

 Texto :O alumnado de 2º nivel.

24 jun 2013

FELICES VACACIÓNS !!!!

Carmen, Antía, Giovanni, Iván, Iker
Marwa, Miguel, Aarón
Remata o curso e pasan ao terceiro nivel. Parabéns a todos e todas . 
Vémonos en setembro !!!!!

8 jun 2013

MÁIS VALE TARDE......

Preme na imaxe 
 A revista escolar do cole comeza unha nova andaina neste curso. Dende o Equipo da Biblioteca esperamos que sexa do voso agrado e prometemos  mellorala nos vindeiros cursos. 

4 jun 2013

ANOTAMOS AS XOGADAS

Canta concentración....
A semana pasada aprendimos a anotar as xogadas. Hoxe recuperamos a partida  que tiñamos sen rematar e continuámola.

26 may 2013

23 may 2013

22 may 2013

CONTOS E PROBLEMAS

O Lobo Feroz naceu no ano 1123 e, só no 1936 pensou en tramitar o seu pasaporte. 
Cantos an os viviu o Lobo Feroz sen pasaporte?

A través das personaxes dos contos que coñecemos, Gregory Oster  vainos presentando situacións que se resolven mediante as diferentes operacións matemáticas. As ilustracións son de Ignasi Blanch, premio Llibreter 2008.
(Recomendado para alumnado do segundo e terceiro ciclo.)


21 may 2013

A VARIAS BANDAS

Hoxe xogouse unha simultánea na hora de xadrez... porén non todas as gañou Davinia.

SERIES CO CARACOL

Chuza no caracol e verás onde te leva.

16 may 2013

UNHA CLASE DE MÚSICA MOI ESPECIAL


Como remate da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS recibimos hoxe  a visita de Inés( sobriña da profe María) que acudiu ao noso centro para nos amosar instrumentos da música tradicional galega , como soan ,cales son as súas partes...
Acompañámola seguindo o ritmo coas palmas, pés , cantando e bailando.


Gaita

O tamboril

Facendo ritmo co sacho























Bailando un pasodoble ao son da gaita

15 may 2013

UN RATO NAMORADO

Os poemas de Antonio García Teijeiro tiveron voz hoxe na nosa escola.
 Nenos e nenas de tódolos niveis recitaron os seus poemas e pasamos un rato moi agradable.
Aquí vos deixo unha pequena mostra : Maika, do 1º nivel,acompañada de Dario , Álex e María fálannos dun ratiño namorado e un pouco decepcionado.

14 may 2013

CANTOS E PANDEIRETAS

Continuando coa SEMANA DAS LETRAS GALEGAS hoxe tivemos a visita de parte do grupo A CARABUXA de S. Miguel. Carmiña, Encarna, Mirucha, Carmen e a nosa compañeira, do quinto nivel, Iria ofrecéronnos un concerto onde non faltaron as muiñeiras, jotas, pasodobles... 
Moitísimas grazas por nos facer pasar un rato tan agradable.


ALGÚNS DETALLES DOS TRAXES

Traxe de gala con bonete

Pololos, enaguas , medias



 
Detalle do mandil de Iria.

13 may 2013

PALILLADA


Hoxe comezou no colexio a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS  e para celebralo tivemos unha palillada na que participaron Carmiña, Carmen e o noso Iker.












Trouxéron unha mostra dos traballos tan delicados e fermosos que realizan.

Moitas grazas por nos amosar un traballo tan delicado e facernos pasar un rato moi agradable na vosa compaña.

12 may 2013

PASARRÚAS NO COLEXIO

O pasado venres, co gallo das festas de S. Miguel, pasou polo colexio este grupo de gaitas co cal o pasamos fenomenal e gozamos moitísimo.

8 may 2013

UN LIBRO... UN MUNDO


 É un fermoso libro sen palabras sobre a convivencia. Dúas especies diferentes comparten unha casa sen sabelo, pero un vive de día e outro vive de noite .....
(atopado en http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/)

2 may 2013

DUPLO ANIVERSARIO

Hoxe, Iván e Angel obsequiáronnos con estas dúas saborosas tortas para celebrarmos os seus 8 e 7 anos.
Grazas por compartilas con nos.

1 may 2013

O NOSO MAIO