O pasado xoves estivemos, xunto co alumnado de Educación Infantil, e as profes Isa, Fina, Cris, María e Anxos, no camping OS FIEITÁS, en S. Vicente (O Grove). Fixemos de todo:bañámos nas augas frías da praia de Raeiros (mellor dito, mollamos os pés), despois do xantar tivemos xogos : xadrez, cartas, parchís... e logo.... ao monte para facermos unhas cabaniñas chulísimas. Se queredes ver como o pasamos non tedes máis que chuzar na foto.
Nesta foto estamos con Fer e Ana, dous dos nosos monitores que nolo fixeron pasar moi ben.
(Fotos; profes Anxos e María)