grazasemptyporemptynosemptyvisitar

21 dic 2012

..... ESTAMOS DE VACACIÓNS.

Os nenos e nenas do primeiro e segundo nivel deséxanvos que pasedes unha boas vacacións.
Vémonos no 2013.

20 dic 2012

AGAMENÓN XA TEN 6 ANOS

Hoxe Agamenón agasallounos con esta torta tan espectacular para celebrar o seu sexto aniversario. Estaba boísima.
Grazas á súa irmá Lidia por facela.

19 dic 2012

VISÍTANOS O PANDIGUEIRO

Hoxe recibimos a visita sorpresa do PANDIGUEIRO, chamado Apalpador noutros lugares. O coitado estaba un pouco canso xa que, segundo nos contou, acababa de chegar do Courel, aló pola provincia de Lugo, onde nestas alturas está todo cheo de neve...
Polo que nos dixo leva unha dieta moi  especial a base de castañas, mel, leite.. 
Viña cun saco cheo de castañas... pero de chocolate !!!! e agasallounos cun marca páxinas que non se cae aínda que lle deas a volta ao libro. 
Quedamos que para o vindeiro ano ímoslle agasallar nós cuns calcetíns  xa que só traía un; se cadra tamén cunhas zapatillas novas...


17 dic 2012

14 dic 2012

MARTA É UNHA BOÍSIMA TEATREIRA



Hoxe veu a miña nai ao cole a lernos o conto A que sabe a lúa e presenteina diante dos meus compañeiros




 

Trouxemos un pequeno teatriño onde eu ía colocando os animais na orde que a mamá dicía, e pasando a lúa.
Para facer o teatriño a produción foi moi longa xa que compramos o material para facelo e nel traballamos a miña mamaá Marta, o papá Luís, a miña irmá Ana máis eu; levounos moito tempo.
(Redactou a noticia Lucía  Urcera do 1º nivel e as fotos a profe María))



Moitas grazas Marta por nos visitar.

12 dic 2012

AGASALLO NA HORA DE LER








Antía preséntanos a súa mamá Mónica que se achegou hoxe pola biblioteca para nos agasallar cun conto.


Polas caras  semella que o pasaron moi ben. 
Moitísimas grazas Mónica.

UN BEBÉ NA ESCOLA

Hoxe 11 de decembro, veu Ismael ao noso cole. Ismael  e´o irmán de Cristhian. Ten 7 meses. Parece que lle gusta estar con nós. Agradounos a súa visita.
 ( Noticia  redactada por Lucía e Cristhian do 1º nivel)

11 dic 2012

XA ESTÁN TODAS AS PEZAS NO TABOLEIRO


Aprendimos que unha peza está cravada  cando ten que permanecer no seu sitio debido a que o seu movemento pode poñer en perigo unha peza de máis valor .

Sabedes cal é a peza cravada????


5 dic 2012

MARÍA NON TEN AS MANS BALEIRAS

María,do primeiro nivel, presentounos hoxe o conto Coas mans baleiras
Trata dunha nena chamada Alba que vai merendar co seu avó Mario porque está de aniversario; a nena anda a procura dun agasallo pero...

3 dic 2012

ANA... UNHA MARABILLOSA CONTACONTOS



Hoxe tivemos a visita  de Ana, mamá de María e Carmen, que compartiu con nos a historia dunha ra moi especial de nome Ranilda.



Carmen fai a presentación da súa mamá, Ana








Moitas grazas Ana por nos agasallar con este fermosos conto.
(Chuza no nome da ra e verás o que aparece)

27 nov 2012

AO TROTE.... CHEGAN OS CABALOS

O seu movemento é en forma de L, e, como cabalos que son, poden saltar por riba doutra peza . Teñen un valor de 3 puntos.

Os cabalos ocupando o seu lugar no taboleiro e preparados....

21 nov 2012

IKER E OS SEUS 7 ANOS

Dá gusto celebrar un aniversario cunha torta tan saborosa e ben presentada. 
Iker e a súa mamá foron os encargados desta "apócema marabillosa" que nos deixou enfeitizad@s
Grazas por compartila .

13 nov 2012

MARÍA CANOSA FÍXONOS UN COMENTARIO !!!!!!!

Maria Canosa, autora do libro ACUARIO ,deixoulle un comentario moi agarimoso a Antía polo seu premio da biblioteca.
Moitas grazas por te pasares por aquí.

11 nov 2012

POLO SAN MARTIÑO....




Comemos castañas e xogamos a estoupar globos, aos rabos... Pasámolo moi ben.

7 nov 2012

OUTONO NA MESA

Mirade a cantidade de froitas e verduras que  se poden comer no outono. Como é posible que exista xente a quen non lle guste algunha delas?????

6 nov 2012

O ACUARIO DE ANTÍA

Antía presenteunos hoxe o libro co que foi agasallada por CHAVETA; trátase de ACUARIO da poeta María Canosa e de edicións Embora. Son poemas adicados aos animais do acuario e hai para todos os gustos.

31 oct 2012

GAÑADORAS


Hoxe , coincidindo coa celebración do Samaín na escola, CHAVETA entregou os premios ás gañadoras do concurso, organizado o Día das Bibliotecas, nas categorías A e B:  Lucía ( do 1º nivel ) e Antía (2º nivel) foron agasalladas cun libro e diploma.
Parabéns ás dúas 

28 oct 2012

XADREZ: O ALFIL ENTRA EN XOGO

Xa entrou o alfil en xogo, avanza  pola súa diagonal  os lugares que quere e pódese mover para atrás.O seu valor é de 3 puntos. De momento a peza que ten máis valor é a torre, con 5 puntos.Por iso hai que pensar moito á hora de ceder unha peza.

24 oct 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe ,no DÍA DAS BIBLIOTECAS, baixamos ao corredor da planta baixa para vermos a exposición de traballos feitos por todo o alumnado do colexio co gallo do concurso A MIÑA BIBLIOTECA IDEAL convocado pola nosa mascota CHAVETA no nome da biblioteca do cole.
Gustáronnos moitísimo todos os traballos. 
Visitamos tamén a biblioteca e atopamos na sección de banda deseñada estes dous libros Obxectivo a lúa e Explorando a lúa, da serie Tintín que nos veñen fenomenal para o traballo que estamos facendo sobre planetas, satélites, Terrra...

16 oct 2012

XADREZ: AS TORRES


Xa apareceron as torres; aprendimos que se moven en fila  e en columna e avanzan o que queren.

9 oct 2012

MARÍA XA TEN 6 ANOS

Onte María estivo de aniversario e hoxe celebrámolo con esta torta tan saborosísima que fixeron  na súa casa.
Moitas grazas por nos convidar e unha morea de felicidade.

8 oct 2012

O TELESCOPIO DE LUCÍA

Lucía do 1º nivel, trouxo á escola un TELESCOPIO e contounos moitas cousas deste aparello:
  • con el podemos ver a lúa, as estrelas.
  • ten dúas lentes
  • a súa forma é cilíndrica
  • vai colocado nun trípode para suxeitarse..

... en fin que aprendimos moito.
Grazas Lucía por compartir con nos os teus coñecementos.
Carmen, do 2º nivel, achegounos un traballo fermosísimo sobre o sol. Aquí vos deixamos unha pequena mostra .
Moitas grazas a Ana, mamá de Carmen e María.

2 oct 2012

SAN MIGUEL DAS UVAS


Aproveitando que é a época da vendima, Carmen achegounos este precioso debuxo das partes dunha vide.

27 sept 2012

XADREZ: OS PEÓNS

Na segunda sesión de xadrez aprendimos os movementos dos peóns: móvense pola columna avanzando un lugar cada vez, agás cando é a primeira vez que se moven que poden avanzar dous lugares. Comen en diagonal.

24 sept 2012

OUTONO


                                         Unha bolboreta amarela?
                                         Ou unha folla seca
                                         que se desprendeu e non quixo pousar?

18 sept 2012

XADREZ



Hoxe, no segundo nivel, comezamos as clases de xadrez que imparte a profe Davinia. Aprendimos como é o taboleiro, o nome das pezas, como se colocan , o que son as filas e as columnas .... e sobre todo como nos debemos comportar nunha partida: normas de cortesía 
(dáse a man  cando comezamos e rematamos unha partida), respecto,   silencio e ... moita concentración.

15 sept 2012

BO XEITO DE COMEZA-LO CURSO

Aarón cumpriu 7 anos e mirade que torta, de 3 chocolates, máis saborosa e bonita .
 Grazas por compartila con nos .

27 jun 2012

PASAN A TERCEIRO.

foto efectos
 Jonathan, Alberto, Ernesto, Andrea, Fernando, Carolina, Ana, Ismael, Abel,Cristian, David, Eloy e Angel. .











21 jun 2012

POSTAIS PARA SILVIA


Open publication - Free publishing - More anima

A profe Silvia, de audición e linguaxe, vaise a outro colexio e fixemoslle estes postais para que se lembre de nos.
Desexámoslle que lle vaia ben no novo cole.

10 jun 2012

OS OBXECTOS TAMEN NOS FALAN

Libro necesario para nos lembrar a voz de todo canto nos rodea....chuza no libro  para entrares nel. 

5 jun 2012

4 jun 2012

E SEGUEN MEDRANDO

Fixádevos como foron  medrando as mázas dende o 21 do mes pasado....

COMEZOU XUÑO...


... e para o celebrar, Giovanni, do primeiro nivel, apareceunos con este biscoito tan super bo, feito por Alejandra.
Un milleiro de grazas a Alejandra por elaboralo e a Giovanni por ter unha idea tan espectacular.