grazasemptyporemptynosemptyvisitar

21 dic 2011

NADAL

Se queredes sacarvos unha foto cos Reis Magos, premede na imaxe e .....


15 dic 2011

UNHA CURTA MOI INTERESANTE

Esto pesa mucho - Usa el Coco from HAMPA STUDIO on Vimeo.



Atopada en http://trafegandoronseis.blogspot.com/

EU RECOMENDO...

Eloy inaugura hoxe unha nova sección cuxo obxectivo é animarnos a ler e a gozar cos libros.
Cada semana o alumnado sorprenderanos cunha recomendación dalgún libro que leu e que quere compartir con nós.





13 dic 2011

POR QUE EN GALEGO?

O Equipo de Dinamización da EOI de Pontevedra elaborou este tríptico para explicar as razóns polas que debemos aprender ben o galego.


(Atopado en trafegandoronseis.blogspot.com)

9 dic 2011

OUTRO MÁIS QUE ENTRA NOS 7 ANOS

Alberto, para celebrar o seu aniversario, agasallounos con esta marabillosa torta de chocolate e galletas que fixo a súa avoa.

Moitas grazas avoa de Alberto.

28 nov 2011

MARÍA XA TEN 7 ANOS


Mirade de que xeito máis doce celebramos os 7 anos de María.

15 nov 2011

VISITA DE YERAY AO COLE

Hai uns días a profe Davinia veunos presentar o seu fillo Yeray. Os nenos e nenas do segundo nivel fixeron este fermoso traballo para agasallalo.




PREMIADO POR VILANOVA CENTRO

(Preme na foto e verás o video da entrevista realizada no cole)



Jonathan Fernández dos Reis foi o gañador dunha iniciativa educativa realizada entre o colexio San Miguel de Deiro e a asociación.
Este é o debuxo que a partir de finais de mes ilustrará tódalas bolsas que entregarán os comerciantes de Vilanova Centro cada vez que alguén merque no seu establecemento. Foi a ilustración gañadora no concurso organizado entre o colectivo e colexio San Miguel de Deiro. A idea partiu do equipo de normalización da lingua galega do centro.
A iniciativa forma parte dun proxecto educativo no que participaron os 140 alumnos do centro. Moitos deles descubriron así que é e como funciona unha asociación de comerciantes. Unha forma diferente de promover o pequeno comercio nas parroquias do municipio.
As preto de 20.000 bolsas que se imprimirán co debuxo estarán dispoñibles nos comercios para a campaña de Nadal. Ademais da ilustración gañadora, outros dous cativos recibiron un segundo e terceiro premio polos seus traballos, galardóns que se entregaron onte á maña.

7 nov 2011

NON SÓ MANS E PÉS.

2 oct 2011

ANIVERSARIO DE ANDREA




Andrea, de segundo, para celebrar o seu sétimo aniversario agasallounos con esta fantástica torta de chocolate e galletas feita por ela e a súa mamá.

Grazas Andrea e moita felicidade.

25 sept 2011

COMEZO DE CURSO





O novo curso comezou a rodar e xa temos o primeiro aniversario. Ismael e Ana de 2º xa cumpliron os 7 anos e.... mirade que tortar mais saborosas nos truxeron. A de amorodos foi feita pola mamá coa axuda de Ana.... e nótase no boísima que estaba.

27 jun 2011

REMATOU O CURSO



Deséxovos que pasedes un verán estupendo .


Un bicazo enorme aos nenos e nenas do segundo nivel por me facer pasar momentos inesquecibles ao longo destes dous cursos.

23 jun 2011

MERENDAS APETITOSAS







Mirade que xeito máis bo e saboroso de rematar o curso. As lambonadas foron elaboradas polo alumnado do centro, distribuído en grupos onde había nenos e nenas de tódolos niveis e unha profesora encargada .


O resultado, como podedes ver, é espectacular.

21 jun 2011

DETECTIVES DAS LETRAS



Diploma que nos concedeu TORPENCETE pola axuda que lle prestamos neste curso para resolver os casos que se lle presentaron.

CAMPIONATO 2011






Onte e hoxe tivo lugar no cole o III CAMPIONATO DE XADREZ.

Primeiro, segundo e terceiro fomos os que encetamos o torneo onte a cinco partidas , quedando o resultado do seguinte xeito:

No primeiro lugar quedou ABEL do 1º nivel seguido de BRAIS F. e BRAIS N do 2º nivel e NICOLÁS e RAQUEL do 3º nivel.


Parabéns para todos e todas por participaren neste torneo amosando un comportamento tan espectacular.


( Para ver as fotos podedes chuzar no taboleiro ou no apartado FOTOS, na columna esquerda do blog)

OBXECTOS CON DIFERENTES UTILIDADES









6 jun 2011

VISITA DUN ESCRITOR



A pasada semana tivemos a visita do escritor Fernando González Graña. Os de segundo e primeiro fixémoslle uns debuxos sobre o libro O diario de Daniel . Pasámolo moi ben con el.

29 may 2011

26 may 2011

´SORPRESA


Hoxe recibimos a visita sorpresa do profe Antonio, que, cando tiñamos 4 anos, levábanos á pizarra máxica. Fíxonos rir moito

24 may 2011

INSTRUMENTOS TRADICIONAIS








Carlos, Roi,María, Inés, Belén e Lois viñeron ao noso cole, convidados pola profe María e o equipo de Dinamización Lingüística, para nos aprender os instrumentos tradicionais.


Vimos como eran, como soaban e logo bailamos ao son da muiñeira, xota e algunha peza máis. Pasámolo moi ben e divertímonos moito.

23 may 2011

NOME DAS AULAS


As aulas do noso centro levan nomes de lugares da nosa localidade, San Miguel de Deiro; ao primeiro nivel tocoulle o lugar de S Roque e a nós o de Cores. Así é como nos quedaron os carteis para as portas.


Os debuxos están en cartolina tamaño A4 e dentro dun metacrilato


22 may 2011

PARTIDA DE XADREZ CON 5º

21 may 2011

FIEITÁS





O pasado xoves estivemos, xunto co alumnado de Educación Infantil, e as profes Isa, Fina, Cris, María e Anxos, no camping OS FIEITÁS, en S. Vicente (O Grove). Fixemos de todo:bañámos nas augas frías da praia de Raeiros (mellor dito, mollamos os pés), despois do xantar tivemos xogos : xadrez, cartas, parchís... e logo.... ao monte para facermos unhas cabaniñas chulísimas. Se queredes ver como o pasamos non tedes máis que chuzar na foto.

Nesta foto estamos con Fer e Ana, dous dos nosos monitores que nolo fixeron pasar moi ben.

(Fotos; profes Anxos e María)

11 may 2011

CORRELINGUA



Se chuzas na imaxe poderás ver as fotos.


10 may 2011

A GOLETA RAQUEL




Así ve Giovanni de E.I. 5 anos, a goleta Raquel, despois dunha visita á mesma.

6 may 2011

...XA SON OITO





Ana hoxe tróuxonos esta saborosa e fermosa torta para celebrarmos o seu oitavo aniversario.

Grazas Ana por compartila con nós.

MAIO



Pampullos, fiunchos, xestas, calas.... todas estas especies vexetais para conseguir un maio tan fermoso .

XA ESTÁ PLANTADO



O castiñeiro que trouxo Antía para aula medrou tanto que xa non cabía na macetiña; así que falamos con Benito e hoxe xa quedou plantado diante do colexio. Esperemos que siga medrando.

Moitas grazas Benito.

2 may 2011

FALAN GALEGO

26 abr 2011

....E XA SON 7 !!!!!!!"



Mirade que xeito máis bo de comezar as clases. Unha torta feita pola mamá e tías de Eloy, para celebrarmos o seu sétimo aniversario, que estaba SABOROSÍIIIIIIISIMA.

Grazas por nos convidar.

20 abr 2011

ENREDO

18 abr 2011

Volveu TORPENCETE

TORPENCETE estivo de vacacións polo mundo adiante e deixounos estas imaxes dos lugares que percorreu: Atenas, París, Londres e Exipto.











Presentounos un novo caso para que o axudaramos: tiñamos que resolver unhas adiviñas sobre lugares da nosa parroquia para conseguirmos formar uns quebracabezas coas imaxes de ditos lugares.


Algunhas das adiviñas que tivemos que resolver

Con só tres cores ordeo a cada un.Se todos me respectan non habrá accidente algún.


Todos me pisan a min, pero eu non piso a ninguén; todos preguntan por min, eu non pregunto por ninguén.


Zapatos de goma,ollos de cristal,cunha mangueira o alimentarás,dentro do garaxe o soes gardar.


Venden pastillas e xaropes metidos nos seus botes E serven todos eles para curarte de todos os males.

Teatro CARACOL

Teatro CARACOL unha nova e divertida versión do conto tradicional A princesa e o chícharo .


22 mar 2011

MIRADE COMO MEDROU O CASTIÑEIRO DE ANTÍA

Así chegou no mes de novembro

Mirade como está agora !!!!

17 mar 2011

PAIXÓN POR STILTON

GERONIMO STILTON dirixe O eco do Roedor, o xornal máis famoso da Illa dos Ratos, aínda que a súa verdadeira paixón é escribir libros...
Libros dos que os nenos e nenas de segundo están a gozar.

11 mar 2011

XA SON 7 ANOS !!!!


Christian ,do primeiro nivel, xa chegou aos 7 anos e convidounos a esta torta tan saborosa .
Grazas mamá de Chris por te lembrar de nós.

10 mar 2011

OUTRO NO CLUB DOS 8



Brais Feijoó xa entrou no club dos 8.
Para o celebrar trouxo esta espectacular torta, de tres chocolates e sen glute, que estaba BOÍIIIIIIIISIMA.
Grazas mamá de Brais.

9 mar 2011

ENTROIDO 2011


En FOTOS podedes ver todo o proceso ata chegarmos aquí: taller de disfraces coas nais, xantar no cole ( TREMENDO XANTAR) con nenas e nenos de sexto e a profe Davinia, maquillaxe.... en fin un longo camiño moi doado de levar grazas a vosa colaboración.

E como fin de festa os saborosos doces propios desta data achegados polos nenos e nenas do cole.

3 mar 2011

TORPENCETE EN PERSOA

Torpencete en persoa presentouse hoxe no cole de Viñagrande para resolver un novo caso do Destripador dos deberes .

HAHAHAHAHAHA !!!!!!! ( Que medo dá esa risa)

Coa lupa esta a investigar as pegadas que foi deixando polas aulas....

2 mar 2011

PROBA DE MAQUILLAXE.






A profe María fixo unha proba de maquillaxe para o disfrace do venres. E Antía di "quedamos preciosos"


1 mar 2011

MIRADE QUE VISITA MÁIS AGRADABLE.

Hoxe recibimos na escola a Mimoso que viña acompañado da mamá e da irmá de Ana María.

XANTAR NO COLE

Hoxe tivemos xantar no cole coas mamás que viñeron traballar no " taller de disfraces" con nós.
Tamén participou no xantar alumnado do 6º nivel.
Grazas a todos e todas .


28 feb 2011

NOVO CASO


Bos días rapazas e rapaces de segundo! Quero ensinarvos a miña casa, pero vivo nunha rúa onde todas son moi semellantes . A ver se me axudades a saber cal é coa descrición que vos deixo dela.
Saúdos
Torpencete

A miña casa ten un tellado vermello cunha cheminea que bota fume. A fachada é de cor azul e presenta dúas fiestras, un balcón cunhas fermosas flores de moitas cores e unha gran porta marrón de entrada.
No lado esquerdo hai un enorme carballo, que durante o verán protéxenos do sol. Na parte dereita está a caseta do meu can Pupi, que me axuda nas miñas investigacións!

(Actividade feita coa profe Silvia de AL)