O padriño de Matías, do segundo nivel, agasallounos hoxe cuns "animaliños moi especiais" que se dan nos lugares polos que andivemos onte: berberechos, ameixas xapónicas, navallas, mexillóns, ourizos, ostras e dúas volandeiras que están agochadiñas.
O principiño tiña, sobre as cousas serias, ideas moi diferentes das que teñen as persoas maiores. (Antoine de Saint-Exupery)
20 nov 2009
19 nov 2009
NO MONTE SIRADELLA ( O GROVE)
Esta quincena traballamos o Complexo Intermareal Umia- O Grove;
para elo hoxe fixemos unha saída ao monte Siradella para ollar, dende alá enriba, a praia de A Lanzada, a illa de Ons e Cíes ao fondo e a enseada de O Bao. De volta vimos o río da Chanca, en Dena e a desembocadura do Umia, en Cambados.
(FOTOS: profes María e Anxos)
15 nov 2009
1 nov 2009
O NOSO SAMAÍN
No primeiro ciclo traballamos os elementos que forman parte do SAMAÍN: bruxas coas súas vasoiras voadoras, gatos negros , cabazas, esqueletos .... Esta mostra do traballo plástico realizado está no corredor do primeiro andar do colexio.
Agradecemos a colaboración da nai de Antía S. e dalgunhas nenas de 5º nivel na decoración das cabazas.
(FOTOS: Profes Fina, María S. e Anxos)
Etiquetas:
Cabazas,
Festas tradicionais,
SAMAÍN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)