O principiño tiña, sobre as cousas serias, ideas moi diferentes das que teñen as persoas maiores. (Antoine de Saint-Exupery)
26 may 2010
EXCURSIÓN
O alumnado de E.Infantil e primeiro ciclo de Primaria fomos a Indiana Bill na Ramallosa (Nigrán) e logo a Baiona onde xantamos e xogamos .Mágoa que nos choveu.
(Fotos: profes María e Silvia)
20 may 2010
DINOSAUROS NA HORA DE LER
Hoxe enterámonos que había dinosauros carnívoros, herbívoros...,uns que habitaban os mares,outros que tiñan un aspecto feísimo....., tamén vimos que poñían ovos inmensos.
Todo isto aprendimos hoxe grazas a Brais F. que nos presentou un volume da Enciclopedia de los Dinosaurios, que trouxo da súa casa.
(Foto: profe Anxos)
Todo isto aprendimos hoxe grazas a Brais F. que nos presentou un volume da Enciclopedia de los Dinosaurios, que trouxo da súa casa.
(Foto: profe Anxos)
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
libros
17 may 2010
13 may 2010
LIBROS QUE OLEN
Sabíades que hai libros que olen?
Hoxe Antía presentounos Tercer Viaje a Reino Fantasía onde Gerónimo Stilton ten como compañeiros de viaxe a un dragón, fadas, ananiños... e garda entre as súas páxina olores, uns bos e outros un pouco fedorentos.
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
libros
11 may 2010
FACEMOS UN PEQUENO HORTO
Aproveitando que estamos a estudar as plantas en 1º e 2º, fixemos unha plantación no xardín do cole de leitugas, pementos, tomates,cebolas e coles de Bruxelas unha vez que a profe María , sacho na man, preparou a terra.
Agora temos que coidalas e ver como van medrando.
Tremendas ensaladas imos facer!!!!
(Fotos: profe Anxos)
CHUZA NA FOTO
9 may 2010
5 may 2010
PARABÉNS PARA ANA MARÍA.
Ana María xa ten 7 anos; mirade que torta máis chea de cor nos trouxo.Estaba boísima.
Grazas Ana
(Foto: profe María)
4 may 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)