Mirade que xeito máis bo de comezar as clases. Unha torta feita pola mamá e tías de Eloy, para celebrarmos o seu sétimo aniversario, que estaba SABOROSÍIIIIIIISIMA.
Grazas por nos convidar.
O principiño tiña, sobre as cousas serias, ideas moi diferentes das que teñen as persoas maiores. (Antoine de Saint-Exupery)
Presentounos un novo caso para que o axudaramos: tiñamos que resolver unhas adiviñas sobre lugares da nosa parroquia para conseguirmos formar uns quebracabezas coas imaxes de ditos lugares.
Con só tres cores ordeo a cada un.Se todos me respectan non habrá accidente algún.
Todos me pisan a min, pero eu non piso a ninguén; todos preguntan por min, eu non pregunto por ninguén.
Zapatos de goma,ollos de cristal,cunha mangueira o alimentarás,dentro do garaxe o soes gardar.
Venden pastillas e xaropes metidos nos seus botes E serven todos eles para curarte de todos os males.