Deséxovos que pasedes un verán estupendo .
Un bicazo enorme aos nenos e nenas do segundo nivel por me facer pasar momentos inesquecibles ao longo destes dous cursos.
O principiño tiña, sobre as cousas serias, ideas moi diferentes das que teñen as persoas maiores. (Antoine de Saint-Exupery)
Mirade que xeito máis bo e saboroso de rematar o curso. As lambonadas foron elaboradas polo alumnado do centro, distribuído en grupos onde había nenos e nenas de tódolos niveis e unha profesora encargada .
O resultado, como podedes ver, é espectacular.
No primeiro lugar quedou ABEL do 1º nivel seguido de BRAIS F. e BRAIS N do 2º nivel e NICOLÁS e RAQUEL do 3º nivel.
A pasada semana tivemos a visita do escritor Fernando González Graña. Os de segundo e primeiro fixémoslle uns debuxos sobre o libro O diario de Daniel . Pasámolo moi ben con el.