O principiño tiña, sobre as cousas serias, ideas moi diferentes das que teñen as persoas maiores. (Antoine de Saint-Exupery)
26 may 2013
23 may 2013
22 may 2013
CONTOS E PROBLEMAS
O Lobo Feroz naceu no ano 1123 e, só no 1936 pensou en tramitar o seu pasaporte.
Cantos an os viviu o Lobo Feroz sen pasaporte?
A través das personaxes dos contos que coñecemos, Gregory Oster vainos presentando situacións que se resolven mediante as diferentes operacións matemáticas. As ilustracións son de Ignasi Blanch, premio Llibreter 2008.
(Recomendado para alumnado do segundo e terceiro ciclo.)
Etiquetas:
animación á lectura,
Animais,
Biblioteca,
CONTOS,
Matemáticas
21 may 2013
16 may 2013
UNHA CLASE DE MÚSICA MOI ESPECIAL
Como remate da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS recibimos hoxe a visita de Inés( sobriña da profe María) que acudiu ao noso centro para nos amosar instrumentos da música tradicional galega , como soan ,cales son as súas partes...
Acompañámola seguindo o ritmo coas palmas, pés , cantando e bailando.
Gaita |
O tamboril |
Facendo ritmo co sacho |
Bailando un pasodoble ao son da gaita |
Etiquetas:
instrumentos tradicionais,
LETRAS GALEGAS,
musica
15 may 2013
UN RATO NAMORADO
Os poemas de Antonio García Teijeiro tiveron voz hoxe na nosa escola.
Nenos e nenas de tódolos niveis recitaron os seus poemas e pasamos un rato moi agradable.
Aquí vos deixo unha pequena mostra : Maika, do 1º nivel,acompañada de Dario , Álex e María fálannos dun ratiño namorado e un pouco decepcionado.
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
García Teijeiro,
LETRAS GALEGAS,
libros,
poesía
14 may 2013
CANTOS E PANDEIRETAS
Continuando coa SEMANA DAS LETRAS GALEGAS hoxe tivemos a visita de parte do grupo A CARABUXA de S. Miguel. Carmiña, Encarna, Mirucha, Carmen e a nosa compañeira, do quinto nivel, Iria ofrecéronnos un concerto onde non faltaron as muiñeiras, jotas, pasodobles...
Moitísimas grazas por nos facer pasar un rato tan agradable.
ALGÚNS DETALLES DOS TRAXES
Traxe de gala con bonete |
Pololos, enaguas , medias |
Etiquetas:
artesanía,
instrumentos tradicionais,
LETRAS GALEGAS,
musica
13 may 2013
PALILLADA
Hoxe comezou no colexio a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS e para celebralo tivemos unha palillada na que participaron Carmiña, Carmen e o noso Iker.
Trouxéron unha mostra dos traballos tan delicados e fermosos que realizan.
Moitas grazas por nos amosar un traballo tan delicado e facernos pasar un rato moi agradable na vosa compaña.
12 may 2013
PASARRÚAS NO COLEXIO
O pasado venres, co gallo das festas de S. Miguel, pasou polo colexio este grupo de gaitas co cal o pasamos fenomenal e gozamos moitísimo.
Etiquetas:
Festas tradicionais,
gaiteiros,
musica
8 may 2013
UN LIBRO... UN MUNDO
É un fermoso libro sen palabras sobre a convivencia. Dúas especies diferentes comparten unha casa sen sabelo, pero un vive de día e outro vive de noite .....
(atopado en http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/)
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
libros
2 may 2013
DUPLO ANIVERSARIO
Hoxe, Iván e Angel obsequiáronnos con estas dúas saborosas tortas para celebrarmos os seus 8 e 7 anos.
Grazas por compartilas con nos.
Grazas por compartilas con nos.
1 may 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)