O principiño tiña, sobre as cousas serias, ideas moi diferentes das que teñen as persoas maiores. (Antoine de Saint-Exupery)
27 nov 2013
26 nov 2013
23 nov 2013
12 nov 2013
8 nov 2013
OS CONTOS DO PROFE XABI III
A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabas…), alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van chegando con agasallos (un pucho, unha torta de pera, unha manta…) para acompañala antes do longo período de sono que lle agarda. A amizade é importante e a tartaruga agradece as atencións, pero cada vez ten máis sono e o único que quere é que a deixen tranquila para poder durmir…
Etiquetas:
animación á lectura,
Animais,
Biblioteca,
CONTOS,
libros,
TARTARUGA
7 nov 2013
POLO SAN MARTIÑO.....
Trompos, buxainas invaden o noso cole: tomando o sol, Bob Esponxa na praia das Patiñas, morcegos, insectos.... como vedes imaxinación non falta.
Grazas a todas as familias pola participación.
6 nov 2013
ESCOITAMOS O CORAZÓN.
Seguimos a estudar o noso corpo por dentro: Roi escóitalle o corazón a Rubén..... parece que vai ben.
A ver como marcha mañá despois da clase de ximnasia.
Radiografías achegadas por Arancha e Mario que nos permitiron ver como son na realidade os nosos ósos.
Etiquetas:
aparello locomotor,
COÑECEMENTO DO MEDIO
5 nov 2013
ÓSOS
Como estamos a traballar o esqueleto María, do segundo nivel, apareceunos con estes ósos para que observaramos as partes que o forman; contounos que na médula ósea hai un grupo de células que son as encargadas de formar o sangue. Quedamos coa boca aberta.
Moitas grazas María por querer compartilo con nos,
Moitas grazas María por querer compartilo con nos,
Etiquetas:
aparello locomotor,
COÑECEMENTO DO MEDIO,
ósos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)