Por fin chegou o día e FRAN ALONSO encheu coa súa poesía a biblioteca do cole.
A que non sabiades que a poesía ten patas? Pois si, nada menos que catro
As palabras, cando están moi hinchadas de significado , poden explotar coma se dun globo se tratara
Tamén nos recitou poemas que tiñan que ver con animais...
pasou a serpe Sabela, dragóns que non botaban lume, polbos que nos transportaron ata o mar no que habitan.
Xulián e Antía, en nome de tod@s nós, entregáronlle un pequeno agasallo que lle gustou moito: un lapis de carpinteiro para que continúe a escribir moitos poemas el mailo seu gato, e un libro-caixa máxico para enchelo con morea de palabras reversibles, máxicas, abrapalabrantes...
O principiño tiña, sobre as cousas serias, ideas moi diferentes das que teñen as persoas maiores. (Antoine de Saint-Exupery)
27 mar 2014
22 mar 2014
DÍA DA POESÍA: AGASALLO VISUAL
Para celebrarmos o día da poesía , e aproveitando que o alumnado de 1º, 2º e 4º nivel está a traballar co libro de Fran Alonso O meu gato é un poeta , tivemos un recital de poesías de creación propia que foi todo un éxito e pasámolo moi ben.
Como sobremesa houbo uns doces moi especiais : piruletas de poemas acompañadas de nubes. Non se pode pedir máis.
Etiquetas:
animación á lectura,
Fran Alonso,
libros,
poesía
19 mar 2014
18 mar 2014
OUTRO OFICIO MARIÑEIRO: MERGULLADOR
Hoxe tivemos a visita de José ( o papá de Mario) . Contounos moitas cousas do seu oficio: é mergullador e vai coller navallas. Para elo precisa dunha roupa un pouco especial, realizada nunha materia que se chama neopreno e serve para non ter frío cando se está baixo o mar.
O traxe consta dun pantalón de peto, chaleco...
...luvas con dous dedos cortados para ter máis sensibilidade á hora de coller as navallas...
...nos pés escarpíns e aletas xigantes ( Diego case non pode )...
...na cintura e nas costas chumbos para poder baixar ao fondo...
... gafas e tubo para poder respirar.
Para ambientar a aula, Rubén achegounos esta colección de cunchas recollidas por el na praia.
Moitas grazas ao papá de Mario por se achegar e aprendernos tantas cousas sobre o seu oficio.
Etiquetas:
COÑECEMENTO DO MEDIO,
NAVALLAS,
OFICIOS
13 mar 2014
O TRABALLO D@S BATEEIR@S
Hoxe tivemos unha clase un pouco diferente ao habitual. Para comezar, na entrada do cole temos esta maqueta xigante dunha batea achegada polo avó e mamá de Lucía de segundo.
Marta e Chiña ( mamá e avoa de Lucía) achegáronse para nos aprender todo o procedemento de encordado e desdobre do mexillón na batea.
Roi e Darío practicando... Mirade que ben o fan.
Etiquetas:
BATEAS,
COÑECEMENTO DO MEDIO,
MEXILLÓN
12 mar 2014
11 mar 2014
...E CONTINUAMOS DE CELEBRACIÓNS.
Diego xa cumpriu os sete anos e agasallounos con esta torta boísima de chocolate elaborada pola súa avoa. Moitas grazas por querer compartila connosco.
4 mar 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)