grazasemptyporemptynosemptyvisitar

27 nov 2010

NOVO CASO DE TORPENCETE


CASO 4
Ola nenos e nenas de 2º de Primaria!
Son Torpencete e ando un pouco perdido pola escola de Viñagrande- Deiro. Axudádeme a recompilar as miñas follas de apuntamentos, as cales conteñen preguntas que tedes que contestar, xa que as preciso para resolver un novo caso.
A 1ª folla atópase no baixo , nun espazo onde todas e todos gozamos moito da lectura. Enriba da mesa de lectura.
Torpencete

(Na Biblioteca coa profe Silvia e atopamos a primeira pista)
Este novo caso fíxonos andar por toda a escola na procura das pistas que nos levaron, por fin !, a aula de música onde estaban as follas dos apuntamentos de TORPENCETE.

Pasámolo moi ben .

22 nov 2010

NOVA VISITA

Hoxe recibimos a visita dos nenos e nenas de 5 anos (faltaban Giovani e Iván) maila súa profe Cristina.

17 nov 2010

DEBUXAMOS ÁRBORES

Observamos as árbores e debuxámolas para elaborar o calendario onomástico do vindeiro ano que ten como eixo Ás árbores do patio.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos os nenos e nenas de primeiro e segundo.

VISÍTANNOS OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS

Como estamos a traballar A ESCOLA, hoxe recibimos a visita dos nenos e nenas de 4 anos acompañados da profe Fina, para averiguar cantos nenas e nenos había na aula de segundo, como se chamaba a titora....
Cando remataron de tomar os datos agasalláronnos cunha canción, dirixida por Lucía, que tiña que ver coa escola e que cantaron de marabilla.

12 nov 2010

POLO SAN MARTIÑO...

Pequena mostra das buxainas decoradas polos nenos e nenas do primeiro ciclo.

11 nov 2010

O CASTIÑEIRO DE ANTÍA


Antía presenta o seu castiñeiro aos nenos e nenas de 1º e 2º.


4 nov 2010

DÍA DA CIENCIA

Hoxe os nenos e nenas do 1º ciclo saímos ao patio para tomar medidas utilizando elementos pouco convencionais...

2 nov 2010

Traballo realizado polos nenos e nenas do 2º nivel ao remate da unidade sobre O CORPO HUMANO.