CASO 4
Ola nenos e nenas de 2º de Primaria!
Son Torpencete e ando un pouco perdido pola escola de Viñagrande- Deiro. Axudádeme a recompilar as miñas follas de apuntamentos, as cales conteñen preguntas que tedes que contestar, xa que as preciso para resolver un novo caso.
A 1ª folla atópase no baixo , nun espazo onde todas e todos gozamos moito da lectura. Enriba da mesa de lectura.
Torpencete
(Na Biblioteca coa profe Silvia e atopamos a primeira pista)
Este novo caso fíxonos andar por toda a escola na procura das pistas que nos levaron, por fin !, a aula de música onde estaban as follas dos apuntamentos de TORPENCETE.
Pasámolo moi ben .
4 comentarios:
Nos axudamos entre todos para resolver o caso 4.
Wisam
FOI DIFICIL PORQUE TIVEMOS QUE XUNTAR AS PISTAS QUE NOS DEIXOU TORPENCETE.
ANTIA.
Grazas Torpencete por contar con nos.
DESIREÈ
Foi divertido porque fomos a moitos sitios,
Cristina.
Publicar un comentario