grazasemptyporemptynosemptyvisitar

28 feb 2011

NOVO CASO


Bos días rapazas e rapaces de segundo! Quero ensinarvos a miña casa, pero vivo nunha rúa onde todas son moi semellantes . A ver se me axudades a saber cal é coa descrición que vos deixo dela.
Saúdos
Torpencete

A miña casa ten un tellado vermello cunha cheminea que bota fume. A fachada é de cor azul e presenta dúas fiestras, un balcón cunhas fermosas flores de moitas cores e unha gran porta marrón de entrada.
No lado esquerdo hai un enorme carballo, que durante o verán protéxenos do sol. Na parte dereita está a caseta do meu can Pupi, que me axuda nas miñas investigacións!

(Actividade feita coa profe Silvia de AL)


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Torpencete e moi dibertida esta actibidade aber se ños poñes outras mais coma esta,torpencete se necesitas a nosa axuda sempre estamos preparados.
WISAM

Anónimo dijo...

Felicitar as nenas e nenos de segundo polo ben que colaboran con Torpencete na resolución dos seus casos!!
Un saúdo a mestra Silvia.