O principiño tiña, sobre as cousas serias, ideas moi diferentes das que teñen as persoas maiores. (Antoine de Saint-Exupery)
29 may 2011
26 may 2011
´SORPRESA
Hoxe recibimos a visita sorpresa do profe Antonio, que, cando tiñamos 4 anos, levábanos á pizarra máxica. Fíxonos rir moito
24 may 2011
INSTRUMENTOS TRADICIONAIS
Carlos, Roi,María, Inés, Belén e Lois viñeron ao noso cole, convidados pola profe María e o equipo de Dinamización Lingüística, para nos aprender os instrumentos tradicionais.
Vimos como eran, como soaban e logo bailamos ao son da muiñeira, xota e algunha peza máis. Pasámolo moi ben e divertímonos moito.
Etiquetas:
instrumentos tradicionais,
LETRAS GALEGAS
23 may 2011
NOME DAS AULAS
As aulas do noso centro levan nomes de lugares da nosa localidade, San Miguel de Deiro; ao primeiro nivel tocoulle o lugar de S Roque e a nós o de Cores. Así é como nos quedaron os carteis para as portas.
Os debuxos están en cartolina tamaño A4 e dentro dun metacrilato
22 may 2011
21 may 2011
FIEITÁS
O pasado xoves estivemos, xunto co alumnado de Educación Infantil, e as profes Isa, Fina, Cris, María e Anxos, no camping OS FIEITÁS, en S. Vicente (O Grove). Fixemos de todo:bañámos nas augas frías da praia de Raeiros (mellor dito, mollamos os pés), despois do xantar tivemos xogos : xadrez, cartas, parchís... e logo.... ao monte para facermos unhas cabaniñas chulísimas. Se queredes ver como o pasamos non tedes máis que chuzar na foto.
Nesta foto estamos con Fer e Ana, dous dos nosos monitores que nolo fixeron pasar moi ben.
(Fotos; profes Anxos e María)
11 may 2011
10 may 2011
6 may 2011
...XA SON OITO
Ana hoxe tróuxonos esta saborosa e fermosa torta para celebrarmos o seu oitavo aniversario.
Grazas Ana por compartila con nós.
MAIO
Pampullos, fiunchos, xestas, calas.... todas estas especies vexetais para conseguir un maio tan fermoso .
XA ESTÁ PLANTADO
O castiñeiro que trouxo Antía para aula medrou tanto que xa non cabía na macetiña; así que falamos con Benito e hoxe xa quedou plantado diante do colexio. Esperemos que siga medrando.
Moitas grazas Benito.
2 may 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)