O pasado xoves estivemos, xunto co alumnado de Educación Infantil, e as profes Isa, Fina, Cris, María e Anxos, no camping OS FIEITÁS, en S. Vicente (O Grove). Fixemos de todo:bañámos nas augas frías da praia de Raeiros (mellor dito, mollamos os pés), despois do xantar tivemos xogos : xadrez, cartas, parchís... e logo.... ao monte para facermos unhas cabaniñas chulísimas. Se queredes ver como o pasamos non tedes máis que chuzar na foto.
Nesta foto estamos con Fer e Ana, dous dos nosos monitores que nolo fixeron pasar moi ben.
(Fotos; profes Anxos e María)
2 comentarios:
Profe María e profe Anxos moitisimas grazas por lebarnos a os fieitás e me encantou todo e o mais que me gustou e facer sa actividades na preia.
WISAM alumna de 2ª curso
Pasámolo moi ben. Queremos repetir!
Grazas profe Anxos.
Alumnado de 1º.
Publicar un comentario