grazasemptyporemptynosemptyvisitar

15 nov 2011

PREMIADO POR VILANOVA CENTRO

(Preme na foto e verás o video da entrevista realizada no cole)



Jonathan Fernández dos Reis foi o gañador dunha iniciativa educativa realizada entre o colexio San Miguel de Deiro e a asociación.
Este é o debuxo que a partir de finais de mes ilustrará tódalas bolsas que entregarán os comerciantes de Vilanova Centro cada vez que alguén merque no seu establecemento. Foi a ilustración gañadora no concurso organizado entre o colectivo e colexio San Miguel de Deiro. A idea partiu do equipo de normalización da lingua galega do centro.
A iniciativa forma parte dun proxecto educativo no que participaron os 140 alumnos do centro. Moitos deles descubriron así que é e como funciona unha asociación de comerciantes. Unha forma diferente de promover o pequeno comercio nas parroquias do municipio.
As preto de 20.000 bolsas que se imprimirán co debuxo estarán dispoñibles nos comercios para a campaña de Nadal. Ademais da ilustración gañadora, outros dous cativos recibiron un segundo e terceiro premio polos seus traballos, galardóns que se entregaron onte á maña.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Jonatan enoraboa por gañar. ELOY

Anónimo dijo...

Jonathan que traballo tan bonito. xa veremos as bolsas despois. ANDREA

Anónimo dijo...

Felicidades Jonatan encantame o teu traballo.
Abel Maquieira Blanco

Anxos e Cia. dijo...

Parabéns Jonathan por ser o teu traballo o escollido, e tamén os meus parabéns aos nenos e nenas da túa clase por ser tan bos compañeir@s.