Os nenos e nenas do primeiro e segundo nivel deséxanvos que pasedes unha boas vacacións.
Vémonos no 2013.
O principiño tiña, sobre as cousas serias, ideas moi diferentes das que teñen as persoas maiores. (Antoine de Saint-Exupery)
21 dic 2012
20 dic 2012
AGAMENÓN XA TEN 6 ANOS
Hoxe Agamenón agasallounos con esta torta tan espectacular para celebrar o seu sexto aniversario. Estaba boísima.
Grazas á súa irmá Lidia por facela.
Grazas á súa irmá Lidia por facela.
19 dic 2012
VISÍTANOS O PANDIGUEIRO
Hoxe recibimos a visita sorpresa do PANDIGUEIRO, chamado Apalpador noutros lugares. O coitado estaba un pouco canso xa que, segundo nos contou, acababa de chegar do Courel, aló pola provincia de Lugo, onde nestas alturas está todo cheo de neve...
Polo que nos dixo leva unha dieta moi especial a base de castañas, mel, leite..
Viña cun saco cheo de castañas... pero de chocolate !!!! e agasallounos cun marca páxinas que non se cae aínda que lle deas a volta ao libro.
Quedamos que para o vindeiro ano ímoslle agasallar nós cuns calcetíns xa que só traía un; se cadra tamén cunhas zapatillas novas...
17 dic 2012
15 dic 2012
14 dic 2012
MARTA É UNHA BOÍSIMA TEATREIRA
Hoxe veu a miña nai ao cole a lernos o conto A que sabe a lúa e presenteina diante dos meus compañeiros
Trouxemos un pequeno teatriño onde eu ía colocando os animais na orde que a mamá dicía, e pasando a lúa.
(Redactou a noticia Lucía Urcera do 1º nivel e as fotos a profe María))
Moitas grazas Marta por nos visitar.
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
hora de ler,
libros
12 dic 2012
AGASALLO NA HORA DE LER
Antía preséntanos a súa mamá Mónica que se achegou hoxe pola biblioteca para nos agasallar cun conto.
Polas caras semella que o pasaron moi ben.
Moitísimas grazas Mónica.
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
hora de ler,
libros
UN BEBÉ NA ESCOLA
Hoxe 11 de decembro, veu Ismael ao noso cole. Ismael e´o irmán de Cristhian. Ten 7 meses. Parece que lle gusta estar con nós. Agradounos a súa visita.
( Noticia redactada por Lucía e Cristhian do 1º nivel)
11 dic 2012
XA ESTÁN TODAS AS PEZAS NO TABOLEIRO
Aprendimos que unha peza está cravada cando ten que permanecer no seu sitio debido a que o seu movemento pode poñer en perigo unha peza de máis valor .
Sabedes cal é a peza cravada????
5 dic 2012
MARÍA NON TEN AS MANS BALEIRAS
María,do primeiro nivel, presentounos hoxe o conto Coas mans baleiras.
Trata dunha nena chamada Alba que vai merendar co seu avó Mario porque está de aniversario; a nena anda a procura dun agasallo pero...
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
libros
3 dic 2012
ANA... UNHA MARABILLOSA CONTACONTOS
Hoxe tivemos a visita de Ana, mamá de María e Carmen, que compartiu con nos a historia dunha ra moi especial de nome Ranilda.
Carmen fai a presentación da súa mamá, Ana
Moitas grazas Ana por nos agasallar con este fermosos conto.
(Chuza no nome da ra e verás o que aparece)
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
libros
27 nov 2012
AO TROTE.... CHEGAN OS CABALOS
O seu movemento é en forma de L, e, como cabalos que son, poden saltar por riba doutra peza . Teñen un valor de 3 puntos.
Os cabalos ocupando o seu lugar no taboleiro e preparados....
21 nov 2012
IKER E OS SEUS 7 ANOS
Iker e a súa mamá foron os encargados desta "apócema marabillosa" que nos deixou enfeitizad@s
Grazas por compartila .
13 nov 2012
MARÍA CANOSA FÍXONOS UN COMENTARIO !!!!!!!
Maria Canosa, autora do libro ACUARIO ,deixoulle un comentario moi agarimoso a Antía polo seu premio da biblioteca.
Moitas grazas por te pasares por aquí.
Moitas grazas por te pasares por aquí.
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
libros
11 nov 2012
7 nov 2012
OUTONO NA MESA
Mirade a cantidade de froitas e verduras que se poden comer no outono. Como é posible que exista xente a quen non lle guste algunha delas?????
6 nov 2012
O ACUARIO DE ANTÍA
Antía presenteunos hoxe o libro co que foi agasallada por CHAVETA; trátase de ACUARIO da poeta María Canosa e de edicións Embora. Son poemas adicados aos animais do acuario e hai para todos os gustos.
Etiquetas:
animación á lectura,
Animais mariños,
Biblioteca,
libros
31 oct 2012
GAÑADORAS
Hoxe , coincidindo coa celebración do Samaín na escola, CHAVETA entregou os premios ás gañadoras do concurso, organizado o Día das Bibliotecas, nas categorías A e B: Lucía ( do 1º nivel ) e Antía (2º nivel) foron agasalladas cun libro e diploma.
Parabéns ás dúas
28 oct 2012
XADREZ: O ALFIL ENTRA EN XOGO
Xa entrou o alfil en xogo, avanza pola súa diagonal os lugares que quere e pódese mover para atrás.O seu valor é de 3 puntos. De momento a peza que ten máis valor é a torre, con 5 puntos.Por iso hai que pensar moito á hora de ceder unha peza.
24 oct 2012
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Hoxe ,no DÍA DAS BIBLIOTECAS, baixamos ao corredor da planta baixa para vermos a exposición de traballos feitos por todo o alumnado do colexio co gallo do concurso A MIÑA BIBLIOTECA IDEAL convocado pola nosa mascota CHAVETA no nome da biblioteca do cole.
Gustáronnos moitísimo todos os traballos.
Visitamos tamén a biblioteca e atopamos na sección de banda deseñada estes dous libros Obxectivo a lúa e Explorando a lúa, da serie Tintín, que nos veñen fenomenal para o traballo que estamos facendo sobre planetas, satélites, Terrra...
16 oct 2012
9 oct 2012
MARÍA XA TEN 6 ANOS
Onte María estivo de aniversario e hoxe celebrámolo con esta torta tan saborosísima que fixeron na súa casa.
Moitas grazas por nos convidar e unha morea de felicidade.
8 oct 2012
O TELESCOPIO DE LUCÍA
Lucía do 1º nivel, trouxo á escola un TELESCOPIO e contounos moitas cousas deste aparello:
- con el podemos ver a lúa, as estrelas.
- ten dúas lentes
- a súa forma é cilíndrica
- vai colocado nun trípode para suxeitarse..
... en fin que aprendimos moito.
Grazas Lucía por compartir con nos os teus coñecementos.
2 oct 2012
SAN MIGUEL DAS UVAS
Aproveitando que é a época da vendima, Carmen achegounos este precioso debuxo das partes dunha vide.
27 sept 2012
XADREZ: OS PEÓNS
Na segunda sesión de xadrez aprendimos os movementos dos peóns: móvense pola columna avanzando un lugar cada vez, agás cando é a primeira vez que se moven que poden avanzar dous lugares. Comen en diagonal.
24 sept 2012
18 sept 2012
XADREZ
Hoxe, no segundo nivel, comezamos as clases de xadrez que imparte a profe Davinia. Aprendimos como é o taboleiro, o nome das pezas, como se colocan , o que son as filas e as columnas .... e sobre todo como nos debemos comportar nunha partida: normas de cortesía
(dáse a man cando comezamos e rematamos unha partida), respecto, silencio e ... moita concentración.
(dáse a man cando comezamos e rematamos unha partida), respecto, silencio e ... moita concentración.
15 sept 2012
BO XEITO DE COMEZA-LO CURSO
Aarón cumpriu 7 anos e mirade que torta, de 3 chocolates, máis saborosa e bonita .
Grazas por compartila con nos .
Grazas por compartila con nos .
27 jun 2012
PASAN A TERCEIRO.
21 jun 2012
POSTAIS PARA SILVIA
Open publication - Free publishing - More anima
A profe Silvia, de audición e linguaxe, vaise a outro colexio e fixemoslle estes postais para que se lembre de nos.
Desexámoslle que lle vaia ben no novo cole.
12 jun 2012
10 jun 2012
OS OBXECTOS TAMEN NOS FALAN
Libro necesario para nos lembrar a voz de todo canto nos rodea....chuza no libro para entrares nel.
Atopado en http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
libros
5 jun 2012
4 jun 2012
COMEZOU XUÑO...
... e para o celebrar, Giovanni, do primeiro nivel, apareceunos con este biscoito tan super bo, feito por Alejandra.
Un milleiro de grazas a Alejandra por elaboralo e a Giovanni por ter unha idea tan espectacular.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)