Os nenos e nenas do primeiro e segundo nivel deséxanvos que pasedes unha boas vacacións.
Vémonos no 2013.
O principiño tiña, sobre as cousas serias, ideas moi diferentes das que teñen as persoas maiores. (Antoine de Saint-Exupery)
21 dic 2012
20 dic 2012
AGAMENÓN XA TEN 6 ANOS
Hoxe Agamenón agasallounos con esta torta tan espectacular para celebrar o seu sexto aniversario. Estaba boísima.
Grazas á súa irmá Lidia por facela.
Grazas á súa irmá Lidia por facela.
19 dic 2012
VISÍTANOS O PANDIGUEIRO
Hoxe recibimos a visita sorpresa do PANDIGUEIRO, chamado Apalpador noutros lugares. O coitado estaba un pouco canso xa que, segundo nos contou, acababa de chegar do Courel, aló pola provincia de Lugo, onde nestas alturas está todo cheo de neve...
Polo que nos dixo leva unha dieta moi especial a base de castañas, mel, leite..
Viña cun saco cheo de castañas... pero de chocolate !!!! e agasallounos cun marca páxinas que non se cae aínda que lle deas a volta ao libro.
Quedamos que para o vindeiro ano ímoslle agasallar nós cuns calcetíns xa que só traía un; se cadra tamén cunhas zapatillas novas...
17 dic 2012
15 dic 2012
14 dic 2012
MARTA É UNHA BOÍSIMA TEATREIRA
Hoxe veu a miña nai ao cole a lernos o conto A que sabe a lúa e presenteina diante dos meus compañeiros
Trouxemos un pequeno teatriño onde eu ía colocando os animais na orde que a mamá dicía, e pasando a lúa.
(Redactou a noticia Lucía Urcera do 1º nivel e as fotos a profe María))
Moitas grazas Marta por nos visitar.
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
hora de ler,
libros
12 dic 2012
AGASALLO NA HORA DE LER
Antía preséntanos a súa mamá Mónica que se achegou hoxe pola biblioteca para nos agasallar cun conto.
Polas caras semella que o pasaron moi ben.
Moitísimas grazas Mónica.
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
hora de ler,
libros
UN BEBÉ NA ESCOLA
Hoxe 11 de decembro, veu Ismael ao noso cole. Ismael e´o irmán de Cristhian. Ten 7 meses. Parece que lle gusta estar con nós. Agradounos a súa visita.
( Noticia redactada por Lucía e Cristhian do 1º nivel)
11 dic 2012
XA ESTÁN TODAS AS PEZAS NO TABOLEIRO
Aprendimos que unha peza está cravada cando ten que permanecer no seu sitio debido a que o seu movemento pode poñer en perigo unha peza de máis valor .
Sabedes cal é a peza cravada????
5 dic 2012
MARÍA NON TEN AS MANS BALEIRAS
María,do primeiro nivel, presentounos hoxe o conto Coas mans baleiras.
Trata dunha nena chamada Alba que vai merendar co seu avó Mario porque está de aniversario; a nena anda a procura dun agasallo pero...
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
libros
3 dic 2012
ANA... UNHA MARABILLOSA CONTACONTOS
Hoxe tivemos a visita de Ana, mamá de María e Carmen, que compartiu con nos a historia dunha ra moi especial de nome Ranilda.
Carmen fai a presentación da súa mamá, Ana
Moitas grazas Ana por nos agasallar con este fermosos conto.
(Chuza no nome da ra e verás o que aparece)
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
libros
Suscribirse a:
Entradas (Atom)