O principiño tiña, sobre as cousas serias, ideas moi diferentes das que teñen as persoas maiores. (Antoine de Saint-Exupery)
22 dic 2013
19 dic 2013
... XA CHEGOU O PANDIGUEIRO
Hoxe , por fin, chegou o PANDIGUEIRO ao noso cole e viña cargadiño dunhas castañas moi especiais recheas de xoaniñas de chocolate.
Mmmmmm, que boas !!!
Mmmmmm, que boas !!!
Gustoulle moito a nosa exposición de xoguetes antigos; xa que el nas longas noites de inverno, aló polo Courel , tamén fai enredos cos pauciños e outros elementos da natureza que atopa pola fraga.
Etiquetas:
Festas tradicionais,
NADAL,
PANDIGUEIRO
15 dic 2013
CANDO MARTIÑO TIVO GAÑAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS
Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de Reis
( Kalandraka).
Adaptación do profe Xabi.
Ilustracións de Kiko Dasilva e nenos e nenas de primeiro e segundo
Música de The Mamas and the Papas, cantada polo alumnado do primeiro ciclo.
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
CONTOS,
musica
9 dic 2013
... XA ESTÁ SAÍNDO DO COUREL.
Se chuzas na imaxe atoparas moitas actividades sobre o PANDIGUEIRO ou APALPADOR
(Grazas a Belén Junquera)
5 dic 2013
1 dic 2013
27 nov 2013
26 nov 2013
23 nov 2013
12 nov 2013
8 nov 2013
OS CONTOS DO PROFE XABI III
A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñer o camisón, acomodar as sabas…), alguén chama á porta. Son os seus amigos, que van chegando con agasallos (un pucho, unha torta de pera, unha manta…) para acompañala antes do longo período de sono que lle agarda. A amizade é importante e a tartaruga agradece as atencións, pero cada vez ten máis sono e o único que quere é que a deixen tranquila para poder durmir…
Etiquetas:
animación á lectura,
Animais,
Biblioteca,
CONTOS,
libros,
TARTARUGA
7 nov 2013
POLO SAN MARTIÑO.....
Trompos, buxainas invaden o noso cole: tomando o sol, Bob Esponxa na praia das Patiñas, morcegos, insectos.... como vedes imaxinación non falta.
Grazas a todas as familias pola participación.
6 nov 2013
ESCOITAMOS O CORAZÓN.
Seguimos a estudar o noso corpo por dentro: Roi escóitalle o corazón a Rubén..... parece que vai ben.
A ver como marcha mañá despois da clase de ximnasia.
Radiografías achegadas por Arancha e Mario que nos permitiron ver como son na realidade os nosos ósos.
Etiquetas:
aparello locomotor,
COÑECEMENTO DO MEDIO
5 nov 2013
ÓSOS
Como estamos a traballar o esqueleto María, do segundo nivel, apareceunos con estes ósos para que observaramos as partes que o forman; contounos que na médula ósea hai un grupo de células que son as encargadas de formar o sangue. Quedamos coa boca aberta.
Moitas grazas María por querer compartilo con nos,
Moitas grazas María por querer compartilo con nos,
Etiquetas:
aparello locomotor,
COÑECEMENTO DO MEDIO,
ósos
29 oct 2013
XULIÁN PRESENTA .....
Julián hoxe na Hora de Ler, presenteunos este libro sobre o corpo humano, moi interesante e curioso.
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
hora de ler,
libros,
o corpo humano.
28 oct 2013
24 oct 2013
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Algúns dos traballos presentados ao concurso organizado dende a biblioteca do cole co gallo do Día das Bibliotecas..
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
libros
18 oct 2013
OS CONTOS DO PROFE XABI NA HORA DE LER II
Hoxe, coma tódolos venres, o profe Xabi leunos un conto; nesta ocasión tocoulle a COCORICO,editado por OQO.Ao remate vimos o videoconto do mesmo.
Eu quérovos deixar un agasallo visual realizado no ano 2009 por nenos e nenas que daquela estaban conmigo. Son os decorados e personaxes deste conto.
CHUZA NA IMAXE |
Etiquetas:
animación á lectura,
Animais,
Biblioteca,
CONTOS,
libros
17 oct 2013
O CORPO POR DENTRO II
Continuamos co noso corpo por dentro; agora tócalle ao aparello dixestivo.
Así nos está quedando.
Globos, plastilina, la, papel contínuo, témpera, Alkil. |
Etiquetas:
COÑECEMENTO DO MEDIO,
o corpo humano.,
PLÁSTICA,
Plastilina
A PROFE MÓNICA PRESÉNTANOS UN LIBRO
Hoxe tivemos a profe Mónica con nos para presentarnos este libro que nos conta cousas moi interesantes sobre o corpo; algunhas xa as coñeciamos , outras non.
Moitas grazas, profe por compartilo e facernos pasar un momento tan agradable.
Moitas grazas, profe por compartilo e facernos pasar un momento tan agradable.
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
COÑECEMENTO DO MEDIO,
libros
12 oct 2013
OS CONTOS DO PROFE XABI NA HORA DE LER
Este venres, na HORA DE LER, o profe Xabi leunos o conto A figueira de Pelostortos de Ana G. Castellano &Mikel Madrones da editorial OQO.
E, para rematar, proxectounos este videoconto do Ceip Coirón Dena do que o tomamos en préstamo .
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
CONTOS,
video
9 oct 2013
..E SEGUEN CUMPRINDO ANOS
O CORPO POR DENTRO I
Estamos a traballar o noso corpo por dentro e comezamos polo aparello circulatorio: veas, arterias, corazón... .
Plastilina, témpera, Alkil, papel contínuo e... moita vontade |
Etiquetas:
COÑECEMENTO DO MEDIO,
o corpo humano.,
PLÁSTICA,
Plastilina
29 sept 2013
......COMEZAMOS
Dende este blog queremos darlle a benvida ao ciclo aos nenos e nenas que pasaron ao primeiro nivel ,@s veteran@s que pasaron ao segundo nivel e ao profe Xavi como titor do segundo.
Tamén queremos lembrar dun xeito moi especial a profe MARÍA da que aprendimos tantas cousas boas e divertidas.
Que sorte teñen os nenos e nenas do Foxo !!!!
BO COMEZO
Tamén queremos lembrar dun xeito moi especial a profe MARÍA da que aprendimos tantas cousas boas e divertidas.
Que sorte teñen os nenos e nenas do Foxo !!!!
BO COMEZO
FOTO: profe Xavi |
Para celebrar o seu cumpreanos, Antía trouxo unha torta de chocolate e
galleta que estaba exquisita.
O alumnado de 1º e 2º celebrámolo na aula de informática facendo unha gran
festa onde compartimos a torta (22 cachos dos que só sobrou 1)
Parabéns Antía polos teus 6 anos!
Texto :O alumnado de 2º nivel.
24 jun 2013
FELICES VACACIÓNS !!!!
8 jun 2013
MÁIS VALE TARDE......
Preme na imaxe
A revista escolar do cole comeza unha nova andaina neste curso. Dende o Equipo da Biblioteca esperamos que sexa do voso agrado e prometemos mellorala nos vindeiros cursos.
Etiquetas:
A xanela de viñagrande,
Biblioteca,
revista escolar
4 jun 2013
ANOTAMOS AS XOGADAS
26 may 2013
23 may 2013
22 may 2013
CONTOS E PROBLEMAS
O Lobo Feroz naceu no ano 1123 e, só no 1936 pensou en tramitar o seu pasaporte.
Cantos an os viviu o Lobo Feroz sen pasaporte?
A través das personaxes dos contos que coñecemos, Gregory Oster vainos presentando situacións que se resolven mediante as diferentes operacións matemáticas. As ilustracións son de Ignasi Blanch, premio Llibreter 2008.
(Recomendado para alumnado do segundo e terceiro ciclo.)
Etiquetas:
animación á lectura,
Animais,
Biblioteca,
CONTOS,
Matemáticas
21 may 2013
16 may 2013
UNHA CLASE DE MÚSICA MOI ESPECIAL
Como remate da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS recibimos hoxe a visita de Inés( sobriña da profe María) que acudiu ao noso centro para nos amosar instrumentos da música tradicional galega , como soan ,cales son as súas partes...
Acompañámola seguindo o ritmo coas palmas, pés , cantando e bailando.
Gaita |
O tamboril |
Facendo ritmo co sacho |
Bailando un pasodoble ao son da gaita |
Etiquetas:
instrumentos tradicionais,
LETRAS GALEGAS,
musica
15 may 2013
UN RATO NAMORADO
Os poemas de Antonio García Teijeiro tiveron voz hoxe na nosa escola.
Nenos e nenas de tódolos niveis recitaron os seus poemas e pasamos un rato moi agradable.
Aquí vos deixo unha pequena mostra : Maika, do 1º nivel,acompañada de Dario , Álex e María fálannos dun ratiño namorado e un pouco decepcionado.
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
García Teijeiro,
LETRAS GALEGAS,
libros,
poesía
14 may 2013
CANTOS E PANDEIRETAS
Continuando coa SEMANA DAS LETRAS GALEGAS hoxe tivemos a visita de parte do grupo A CARABUXA de S. Miguel. Carmiña, Encarna, Mirucha, Carmen e a nosa compañeira, do quinto nivel, Iria ofrecéronnos un concerto onde non faltaron as muiñeiras, jotas, pasodobles...
Moitísimas grazas por nos facer pasar un rato tan agradable.
ALGÚNS DETALLES DOS TRAXES
Traxe de gala con bonete |
Pololos, enaguas , medias |
Etiquetas:
artesanía,
instrumentos tradicionais,
LETRAS GALEGAS,
musica
13 may 2013
PALILLADA
Hoxe comezou no colexio a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS e para celebralo tivemos unha palillada na que participaron Carmiña, Carmen e o noso Iker.
Trouxéron unha mostra dos traballos tan delicados e fermosos que realizan.
Moitas grazas por nos amosar un traballo tan delicado e facernos pasar un rato moi agradable na vosa compaña.
12 may 2013
PASARRÚAS NO COLEXIO
O pasado venres, co gallo das festas de S. Miguel, pasou polo colexio este grupo de gaitas co cal o pasamos fenomenal e gozamos moitísimo.
Etiquetas:
Festas tradicionais,
gaiteiros,
musica
8 may 2013
UN LIBRO... UN MUNDO
É un fermoso libro sen palabras sobre a convivencia. Dúas especies diferentes comparten unha casa sen sabelo, pero un vive de día e outro vive de noite .....
(atopado en http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/)
Etiquetas:
animación á lectura,
Biblioteca,
libros
2 may 2013
DUPLO ANIVERSARIO
Hoxe, Iván e Angel obsequiáronnos con estas dúas saborosas tortas para celebrarmos os seus 8 e 7 anos.
Grazas por compartilas con nos.
Grazas por compartilas con nos.
1 may 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)