grazasemptyporemptynosemptyvisitar

29 sept 2013

......COMEZAMOS

Dende este blog queremos darlle a benvida ao ciclo  aos nenos e nenas que pasaron ao primeiro nivel ,@s veteran@s que pasaron ao segundo nivel e ao profe Xavi como titor do segundo. 
Tamén queremos lembrar dun xeito moi especial a profe  MARÍA da que aprendimos tantas cousas boas e divertidas. 
Que sorte teñen os nenos e nenas do Foxo !!!!


BO COMEZO 
FOTO: profe Xavi

 Para celebrar o seu cumpreanos, Antía trouxo unha torta de chocolate e galleta que estaba exquisita.

O alumnado de 1º e 2º celebrámolo na aula de informática facendo unha gran festa onde compartimos a torta (22 cachos dos que só sobrou 1)
Parabéns Antía polos teus 6 anos!

 Texto :O alumnado de 2º nivel.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Saudos.. un pracer ver que o blog segue dando informacion do que pasa no cole..
CARMEN E CIA.
Dende aqui tamen nos acordamos de Maria e por suposto damos a benvida o profe Xavi..
Mantenos informados, pasaremos por aqui a miudo..

Anónimo dijo...

Moitas grazas por acordarvos de min neste comezo de curso. Moito ánimo a todas e todos para pasalo xenial aprendendo moito. Axudádelle ao profe Xavi para que estea moi contento. Bicos para todos. A profe María.

Anónimo dijo...

Profe MARÍA no nos fagas chorar.
Grazas por darnos todas esas pegatinas.
QUEREMOSTE MOITO E TE BOTAMOS MOITO DE MENOS!

PAULA N.F. E MARÍA O.C.

Anónimo dijo...

Ola profe Maria, que tal que tal estas? Cando vas vir ao colexio? Botámoste moito de menos.

Lucía Urcera Juncal
Maika Vazquez Gonzalez de 2º