O Entroido é unha festividade moi antiga na que se festexa o "San Carnal", onde a xente se disfraza e tamén fai comidas típicas desta época como o cocido e sobremesas como orellas, filloas...
Na entrada da escola colocouse un boneco feito con material de refugallo e cada día aparecía cunha prenda máis; o primeiro día apareceu cuns colares, logo foron aparecendo camisa floreada, flores no cabelo.....ata se converter nun hippie, e nós con el.Como choveu non saímos á rúa, tivemos que facer o desfile e a festa no ximnasio.
2 comentarios:
Salíchedes moi ben todos e todas na foto.jejejeje
Grazas por nos deixar o comentario
Publicar un comentario