grazasemptyporemptynosemptyvisitar

28 feb 2008

UN ICEBERG NA NOSA AULA


En Coñecemento estamos a traballar co tema da auga e os cambios de estado da mesma; Anxos nos dixo que, na casa, fixeramos o seguinte:
-botar auga en dous tarros, nun deles ata arriba.
-cerralos e metelos no conxelador.
-esperar e ver o que acontecía.
Álex , no día seguinte, trouxo á aula os dous tarros, no que enchera ata os topes tiña o xeo que saía xa por fora, empuxando a tapa.
Ao cabo dun certo tempo foi aparacendo nos tarros auga líquida e xeo aboiando nela. Xa só nos faltaba o estado gasoso; saímos ao patio na procura de nubes...mais só atopamos ceo gris e choiva.
Ao David, máis que un iceberg, parécelle un porco espiño branco.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O BLOQUE DE XEO CANDO ESTÁ ABOIANDO NA AUGA LÍQUIDA, TEN POUCA CAPA DE XEO POR RIBA

Alberto

Anxos e Cia. dijo...

CLARO ALBERTO, DE AÍ O PELIGRO DOS ICEBERGS NO MAR, PARECEN POUCA COUSA, PERO ....`POR BAIXO HAI DÚAS PARTES MÁIS DE XEO.

ANXOS